Título node Learning object

Iniciativa solidaria o "Pano Challenge" da Fundación Aladina
Mar, 28/01/2025 - 11:29
Portada
Portada2

 

Con motivo do día mundial do cancro infantil, a Fundación Aladina desenvolve un ano máis e ao longo do curso 2024/25 a iniciativa o " Pano Challenge". Consiste nunha actividade solidaria e gratuíta para o alumnado de todos os centros educativos de España para concienciar da situación pola que pasan os nenos e as nenas con cancro e da importancia da solidariedade e do apoio para mellorar a vida de centos de nenos, nenas e adolescentes que padecen esta doenza e as súas familias. O cancro infantil non cesa e debe ser un asunto que nos inclúa a todas as persoas.

 

A actividade consiste en dous tipos de accións solidarias que se desenvolverán nos centros educativos:

  • "Deseña o teu pano". Desde a Asociación farán chegar aos centros de forma gratuíta uns patróns de panos que servirán para explicar ao alumnado o desenvolvemento da actividade que consistirá en deseñar un pano e escribir unha mensaxe de apoio aos nenos e nenas con cancro.
  • "Todos/as ao cole con pano". Trata de vir coa cabeza cuberta cun pano como mostra de solidariedade cos nenos e nenas con cancro. Este ano celébrase o día 12 de febreiro (o día oficial é o 15 de febreiro e adíantase ao 12 porque coincide en sábado).

Para inscribirse na actividade e solicitar os materiais cumprirá remitir un correo electrónico a colegios@aladina.org onde conste o enderezo completo do centro educativo e o número de patróns que se necesitan. Enviaranse a os centros solicitantes os patróns para o alumnado, unha guía didáctica para o profesorado, un vídeo explicativo e pósters para o colexio. Os materiais enviaranse de forma gratuíta.

Poderase ampliar información a través desta ligazón

Para consultas poderase contactar no teléfono 915329303