Gallego

Xornada sobre diabetes e deporte

A Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia - ANEDIA celebra unha charla impartida por Serfín Murillo sobre diabetes tipo 1 e deporte en colaboración co Colexio Oficial de Licenciados/as en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF). Este acto promove a aposta de ANEDIA pola formación en diabetes e está dirixida tanto ás persoas que padecen a doenza coma ás súas familias, adestradores/as, preparadores/as físicos, profesorado, enfermeiras/os, fisioterapeutas e calquera persoa que desexe ampliar os seus coñecementos sobre diabetes e deporte.

Data: 25 de outubro ás 17.30 horas.

Lugar de celebración: edificio municipal CERSIA EMPRESAS –  Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n. Santiago de Compostela.

Formulario para a inscrición gratuíta: Formulario.

 

Gallego

File: 

Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans"

Desde a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ponse en marcha o Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans", do que se celebra a súa oitava edición.

A participación está aberta a todos os centros educativos de Galicia, en todos os niveis de ensinanza.

O obxectivo é dar visibilidade á Lingua de Signos nas aulas dun xeito divertido, a través da música. 

Na web da federación hai dispoñible máis información sobre o concurso. Achégase a ligazón e o cartel con toda a información.

Web da federación

 

Gallego
Imaxe

30 aniversario da rede EURES

Con motivo do 30 aniversario da rede EURES celébrase o evento “Today’s dream, tomorrow’s reality” dirixido a orientadores/as, estudantes e persoas traballadoras, que actualmente ou no futuro, queiran explorar as oportunidades que ofrece o mercado laboral europeo. Trátase dun evento informativo en liña impartido en lingua inglesa, para o cal non é imprescindible rexistrarse (recomendable para quen queira recibir información sobre futuros eventos) para acceder ás actividades programadas, que consistirán en presentacións en vivo sobre as condicións de vida e traballo en distintos países europeos, consellos de persoas expertas sobre como buscar emprego en Europa, testemuños de persoas que traballaron noutros paises europeos, chats en directo con conselleiros/as EURES de toda europa, etc. As presentacións dos 31 países da rede participantes desenvolveranse en salas dixitais separadas onde se poderán formular as preguntas directamente ás persoas consultoras e asesoras.

Data: 22 de outubro de 2024 (de 9.00 a 17.00 CET).

Idioma: inglés.

Programa e axenda: https://europeanjobdays.eu/en/taxonomy/term/50035/agenda

Información ampliada sobre o evento: https://europeanjobdays.eu/en/todaysdream-tomorrowsreality

      
  
 

Gallego
Cartel

Certame Poético "Xerardo Diego"

Con motivo da celebración do 50º aniversario da fundación do IES Eladio Cabañero de Tomelloso (Cidade Real) convócase para o curso 2024/25 unha edición única e extraordinaria do Certame Poético Xerado Diego. Poderán presentarse profesoras e profesores de educación secundaria de centros públicos ou privados, tanto en activo como xublilados/as, residentes en calquera lugar de España.

Os traballos presentados terán unha extensión mínima de 500 versos e de 900 como máximo e remitiranse exclusivamente ao enderezo de correo electrónico PremioGerardoDiego@gmail.com (consular as bases da convocatoria para informarse sobre os requisitos adicionais).

Existirá un único premio dotado con 1 000 euros e a edición do poemario na colección de poesía da editorial Huerga y Fierro.

Prazo de presentación dos traballos: desde o 1 de outubro ata o 25 de decembro de 2024. 

 

Gallego
Cartel

VIII Xornadas "Ti tamén formas parte do TDAH"

A Asociación TDAH Salnés organiza, con motivo do mes europeo do TDAH, as VIII Xornadas Ti tamén formas parte do TDAH, que cada ano se celebran en outubro. As asociacións de  persoas afectadas por este trastorno, así como polas diferentes comorbilidades asociadas, promoven actividades formativas e informativas co obxecto de sensibilizar á sociedade e visibilizar este trastorno do neurodesenvolvemento. Nesta VIII edición das xornadas trataranse diferentes temas en resposta ás cuestións expostas por familias e docentes.

Data: sábado 26 de outubro de 2024.

Lugar: Auditorio Municipal de Cambados.

 

 

Gallego

Iniciativa "Camiñando pola vida"

A iniciativa Camiñando pola vida constitúe unha acción a través da que se pretende contribuír non só a dar a coñecer entre as máis pequenas e os máis pequenos a beleza dos nosos itinerarios, senón tamén a importancia de coidar o contorno polo que estas rutas discorren. Por iso esta acción desenvolverase dunha forma lúdica e participativa, a través dun concurso nos centros educativos públicos no que o alumnado terá que pintar un mural relacionado co coidado dos Camiños Naturais e o medio ambiente. No concurso poderá participar alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación infantil e de primeiro a cuarto curso de primaria de centros públicos.

Os centros educativos que desexen participar deberán organizar un taller e pintar un mural do tamaño que consideren e cos materiais que prefiran co lema "Colores que Conciencian" e remitir os traballos en formato jpg ao enderezo de correo electrónico inscripcion@coloresqueconciencian.com segundo a forma establecida na convocatoria.

Prazo: ata o 22 de novembro de 2024 (incluído).

Información ampliada e inscrición: https://coloresqueconciencian.com/

 

Gallego

Premios Estratexia NAOS 2024

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) convocou os XVIII Premios Estratexia NAOS, edición 2024 co obxectivo de recoñecer e divulgar aqueles programas ou proxectos que fomenten unha alimentación saudable e/ou a práctica de actividade física, obxectivos da Estratexia para a Nutrición, Actividade Física e prevención da Obesidade (Estratexia NAOS), en calquera dos ámbitos de actuación desta Estratexia: familiar e comunitario, escolar, laboral, sanitario/socio-sanitario e empresarial.

Para participar cumprirá enviar os proxectos ou programas que compartan obxectivos coa Estratexia NAOS. Poden enviar as solicitudes aqueles proxectos que non se presentaron nunca e tamén proxectos que optaran a estes Premios e/ou que conseguiran un accésit en outras convocatorias pero que non foran premiados.

Os modelos de formularios para cubrir a solicitude de participación e a memoria xustificativa do proxecto, forma de entrega, así como outra información básica para esta edición pode atopala no enderezo web de referencia ao que pode acceder directamente premendo aquí.

A documentación deberá entregarse de forma telemática a través do Rexistro Electrónico Xeral da Administración Xeral do Estado.

 

Prazo de presentación de solicitudes: prazo xa aberto ata o 11 de decembro de 2024 (incluído).

 

Gallego

Actividades G-Night da Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña, a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, súmase unha vez máis á iniciativa da Noite Europea das Persoas Investigadoras (G-Night), evento de divulgación científica que se celebra de xeito simultáneo en 400 cidades de toda Europa. Neste ano terá lugar o 27 de setembro do 2024 baixo o lema “Conciencias Creativas”, relacionando creatividade e coñecemento científico. 
Durante a xornada ofrecerase a oportunidade de participar en obradoiros, charlas divulgativas, teatro, rutas científicas, experimentos e relatorios  dirixidos para todo tipo de público: infantil, xuvenil, familiar, escolar, adulto etc. independentemente da súa formación e coñecementos.

Data: 27 de setembro.

Lugares: consultar programa

Información ampliadahttps://gnight.gal/

 

Gallego

Tema: 

XI Premio "Concepción Arenal"

Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente e co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real, a Deputación da Coruña convoca o XI Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade de xénero.

Poderán presentarse centros educativos públicos da provincia  cun proxecto por candidatura, nas seguintes modalidades:
A. Proxectos educativos en educación infantil
B. Proxectos educativos en educación primaria
C. Proxectos educativos en educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e grao medio
Establécense tres premios de 5.000 €, un por cada modalidade:
prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do día 31 de outubro de 2024.
As candidaturas deberán presentarse a través da plataforma telemática Subtel (na páxina web https://sede.dacoruna.gal/Subtel/).
 
Gallego
Premio Concepción Arenal

Da investigación á acción: o Centro Oceanográfico de Vigo

O Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO,CSIC) no marco da Noite Europea das Persoas Investigadoras levará a cabo os talleres científicos "Da investigación á acción: o Centro Oceanográfico de Vigo". As actividades tratarán de achegar ao público participante a variedade de temáticas nas que traballa o Centro Oceanográfico de Vigo dende unha perspectiva práctica e amena. Os talleres están dirixidos a persoas de todas as idades e son de carácter gratuíto.

Data de celebración: venres 27 de setembro.

Horario de celebración da activade: de 17 a 21 horas.

Lugar: Espazo Anexo do Museo Marco en Vigo.

 

Gallego

File: 

Tema: