Gallego

Listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas de mobilidade complementarias do programa Erasmus+ para o curso académico 2022/2023

Gallego

Xuntase a listaxe provisional admitidos e excluídos da convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus +, para o alumnado das universidades públicas galegas no curso 2022/2023.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Convocatoria do Programa Educativo “Mulleres da man de Emilia Pardo Bazán”

Gallego

Publicase a Resolución do 6 de marzo de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo “Mulleres da man de Emilia Pardo Bazán” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2022/23.

 

 

Colectivo: 

Convocatoria para a solicitude de RENOVACIÓN das persoas auxiliares de conversa para o curso 2023/2024. Centros públicos

adc
Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa en activo durante o curso 2022/2023 que desexen solicitar a renovación no programa durante o curso 2023/2024.

A ter en conta:

  • Non é posible participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.

  • É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para persoas auxiliares de conversa.

 

Documentos:

Departamento: 

Colectivo: 

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2023/2024. Solicitude de NOVAS persoas candidatas.

adc
Gallego

Desde o 9 de febreiro de 2023 ata o 4 de abril de 2023, o Ministerio de Educación y Formación Profesional abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2023/2024.

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.

Axudas dirixidas a persoas graduadas e estudantes universitarias, como mínimo de segundo curso (ao peche da convocatoria), dos seguintes países:

Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Hungría (inglés), Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia (inglés), Portugal, Reino Unido, República Checa (inglés), Singapur (inglés), Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés) e Túnez (francés).

 

Ligazón á convocatoria: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2023.html

 

Información:

  • Persoas candidatas que deben facer a súa solicitude no organismo ou ministerio do seu país de orixe ou renovar na plataforma Profex (Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Malta, Marrocos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suíza e Túnez): auxiliares.conv@educacion.gob.es.

  • Persoas candidatas que deben facer a súa solicitude na plataforma Profex (Australia, Canadá, China, Dinamarca, EEUU, Filipinas, Finlandia, India, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Países oceánicos, República Checa, Singapur e Suecia): auxiliares.extra@educacion.gob.es.

  • Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@educacion.gob.es.

Departamento: 

Colectivo: 

VI Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional Da Muller "

i
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. O obxecto do curso é fomentar a promoción da igualdade dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

O contido do cartel deberá difundir e transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes.

Participantes: Poderán participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universiario: educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Categorías

  1º Categoría.- Alumnado de infantil. 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  2º Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educacion primaria, 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación especial.

  3º Categoría .- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) , 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio e ciclos de grao superior.

Presentación  das solicitudes: Os centros que desexen participar neste concurso poderán facelo dende o día seguinte ao de publicación das bases nas páxinas web da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa e na páxina Web da Secretaría Xeral de Igualdade. Ata o día 17 de febreiro de 2023, ás 15:00 horas.

 

Tema: 

Colectivo: 

Convocatoria de axudas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2022/23, teña dificultades económicas para continuar estudos

Gallego

Orde do 21 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2022/23, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

  • Prazo de presentación das solicitudes:

a) Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

b) Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida; nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes é o 31 de xullo de 2023, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.2.

c) Se a causa sobrevida e imprevista é o falecemento dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, o prazo de presentación será desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia ata o o 31 de xullo de 2023, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.2.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 26 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación

Gallego

Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 26 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED013A).

De conformidade coa devandita Orde ampliase o prazo de presentación de solicitudes establecido na convocatoria do concurso específico por un prazo de cinco (5) días hábiles, polo tanto o prazo amplíase ata o 21 de decembro.

 

Colectivo: 

Matrícula nas probas libres das escolas oficiais de idiomas

Gallego

Na Instrución 4/2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional, regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime libre para o curso 2022/23.

Prazo de inscrición: do 2 ao 18 de novembro de 2022

Máis información: Instrución 4/2022

Tema: 

Resolución provisional de centros admitidos en Plan Proxecta+ para o curso 2022/23

proxecta
Gallego

Achégase a resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no apartado 10 da Resolución do 20 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2022/23.

Os centros disporán de 5 días hábiles a partir da publicación da presente resolución no portal educativo para efectura reclamacións ou renuncias á presente listaxe.

Colectivo: 

Resolución provisional dos centros docentes seleccionados e excluídos nos Contratos-Programa Innova (CPinnova) 2022/23

cp innova
Gallego

Achégase a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados e excluídos na participación dos contratos programa CPinnova 2022/23 para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución neste portal educativo, para facer reclamacións ou renuncias.

Colectivo: