Gallego

Relación de premiados no concurso de miniempresas do programa Lanzadeiras 2022-2023

Gallego

Publicada a Resolución do 12 de xullo do 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se fai pública a relación de premiados no concurso de miniempresas do programa Lanzadeiras, convocado na Resolución do 5 de maio do 2023.

Cualificacións definitivas de persoas inscritas para a realización da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de deseño. Especialidade produto. Curso 2023/24

Gallego

Publicadas as cualificacións definitivas de persoas inscritas para a realización da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de deseño, na especialidade de produto, no curso 2023/24.

Tema: 

Colectivo: 

Carnés e habilitacións profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Segunda convocatoria 2023

Gallego

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a segunda convocatoria 2023 das probas para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

O prazo para presentar reclamación contra esta listaxe remata o día 27 de xullo de 2023.

Colectivo: 

Publicación da relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde admitidas e excluídas para o curso académico 2023/24

Gallego

Xúntase a Resolución do 13 de xullo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B (DOG nº 46, do 9 de marzo).

De conformidade co artigo 13 da Orde do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 13 de xullo de 2023 e o día de 14 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:

  1. Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
  2. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
  3. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.

    IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

  4. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.

Colectivo: 

Apertura do prazo extraordinario de solicitude de comisións de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde e por causas sobrevidas para o curso académico 2023/24

Gallego

A Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:

Artigo 17. Causas sobrevidas

Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.

Consonte ao establecido no dito artigo:

Apertúrase un prazo de presentación de solicitudes que abranguerá desde MAÑÁ venres día 14 de xullo ata o luns día 17 de xullo de 2023, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED010B

 

 

Colectivo: 

Listaxe de cualificacións definitivas de persoas inscritas para a realización da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de conservación e restauración de bens culturais

Gallego

Xúntase a listaxe de cualificacións definitivas de persoas inscritas para a realización da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de conservación e restauración de bens culturais.

Tema: 

Colectivo: 

Chamamentos para realización da fase B do concurso de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos

Gallego

Xúntanse os chamamentos para realización da fase B ás persoas candidatas seleccionadas na fase A da relación definitiva da orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Colectivo: 

Puntuacións definitivas da Fase A do concurso de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos

Gallego

Xúntase a relación de puntuacións definitivas das persoas candidatas correspondentes á Fase A da Convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Colectivo: 

Recoñecemento ao persoal funcionario de carreira do corpo PES das especialidades procedentes do corpo, para extinguir, de formación profesional

Gallego

Xúntase a Resolución do 12 de xullo de 2023 da Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se recoñece a titularidade de especialidades integradas no corpo de profesores de ensino secundario e no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, ao persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, do corpo de profesores técnicos de formación profesional que se integra no corpo de profesores de ensino secundario e ao profesorado que estaba en situación de excedencia neste corpo.

As persoas que se relacionan en cadanseu anexo poderá presentar recurso de reposición contra a citada resolución obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo comprendido entre o día 13 de xullo ata o 14 de agosto de 2023, ambos incluídos, do seguinte xeito:

a) deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A (premer aquí) e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

-No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO RELACIONADO: Recurso de reposición contra a resolución do 12 de xullo de 2023 recoñecemento de especialidade con especificación do anexo

-No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Colectivo: 

Apertura do prazo para para solicitar intercambios provisionais de prazas de persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería, curso 2023/24

Gallego

Segundo o establecido no artigo 4.3 da Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas de persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A), modificada pola Orde do 4 de xullo de 2019  (DOG do 11 de xullo), ábrese o prazo para que as persoas que non están obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais do curso académico 2023/24, poidan solicitar intercambio provisional de prazas.

O prazo para realizar a solicitude comprende desde o día 15 de xullo ata o 31 de xullo de 2023, ambos incluídos.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo normalizado de solicitude que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

Colectivo: