Gallego

Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023

bp
Gallego

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso escolar 2022/23.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederanse, para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

 

Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

O prazo de presentación das solicitudes será contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ata o 30 de setembro de 2023 (incluído).

Colectivo: 

Manual de axuda para a elaboración de programacións didácticas

Gallego

Manual de axuda para a elaboración de programacións didácticas. Etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

 

Colectivo: 

Relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2023/24

Gallego

Xúntase a Resolución do 15 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).

De conformidade co artigo 10 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 16 e o día 22 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:

  1. Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
  2. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
  3. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

4. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.

Colectivo: 

Resolución do 14 de xuño de 2023 pola que se modifica a Resolución do 4 de abril de 2023 pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño no curso 2023/24

Gallego

Xúntase a Resolución do 14 de xuño de 2023 pola que se modifica a Resolución do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2023/24.

Tema: 

Colectivo: 

Incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat -Bachibac- para o curso 2023-2024

Gallego

Resolución do 26 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat -Bachibac- en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Ensinanza: 

Calendario escolar 2023/2024

Gallego

Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Resolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase Resolución provisional da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

 

Colectivo: 

Ampliación da resolución de 30 de novembro de 2022 do programa Bibliotecas Escolares Solidarias no relativo ás accións “Voluntariado de lectura Primaria” e “Selo Biblioteca Escolar Solidaria” para o curso 2022/2023

bes
Gallego

Xúntase a Resolución do 3 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se amplía a resolución de 30 de novembro de 2022 do programa Bibliotecas Escolares Solidarias no relativo ás accións “Voluntariado de lectura Primaria” e “Selo Biblioteca Escolar Solidaria” para o curso 2022/2023 , integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de 20 anos (2023)

Gallego

Xúntase a Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de 20 anos (2023).

Tema: 

Colectivo: 

Resolución definitiva do Programa educativo Obradoiros Talento Mozo

Gallego

Xúntase a Resolución definitiva do 13 de marzo de 2023 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo  Obradoiros Talento Mozo durante o curso 2022/23.

Colectivo: