Gallego

ORDE do 30 de xuño de 2023 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro) e outras

Gallego

Xúntase a Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro) e outras, e se resolven as renuncias á condición de persoal funcionario en práctica (DOG n.º 131, do 11 de xullo).

Tema: 

Colectivo: 

Resolución provisional da selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek

dw
Gallego

Achégase a  Resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.

Ábrese un prazo de 3 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias de ESO, BAC e ensinanzas profesionais de música e de danza

Gallego

Xúntase a Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

 

Apertura do prazo para solicitar comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, para o persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de establización mediante concurso de méritos, curso 2023/24

Gallego

De conformidade co artigo 2.2 da Orde do 7 de xuño de 2018 o persoal docente interino que supere o procedemento selectivo no mesmo corpo e na mesma especialidade e lle fora concedida unha comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral non estará obrigado a formular unha nova solicitude de comisión de servizos. No suposto de formular unha nova solicitude quedará sen efecto a realizada como persoal interino.

O persoal interino que supere o procedemento selectivo por distinto corpo e especialidade poderá formular unha solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral.

Por último, o persoal que supere o procedemento selectivo extraordinario de estabilización mediante concurso de méritos  que non tivese formulada solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral, poderá formular solicitude neste prazo.

O prazo do persoal que supere o procedemento selectivo extraordinario de estabilización mediante concurso de méritos para formular solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral será de dous (2) días hábiles desde a publicación deste anuncio na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Xa que logo, o prazo para formular a dita solicitude abranguerá desde o día 6 de xullo ata o día 7 de xullo de 2023, ambos incluídos.

 

Colectivo: 

Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2022-2023

Gallego

Resolución da XI edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.

A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XI edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes galardóns:

 

Categoría 1: 2º ciclo de educación infantil

1º Premio

Tonino. Un pingüín en Ames - EEI do Milladoiro, Ames (A Coruña)

Accésit

Non fai falta a voz - CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña)

Categoría 2: 1º e 2º de educación primaria

1º Premio

O cascabel da gata - CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, Ponteareas (Pontevedra)

Accésit

A princesa do Caurel - CEIP A Canicouva, Vigo (Pontevedra)

Categoría 3: 3º e 4º de educación primaria

1º Premio

Sígueme - CEIP Padre Feijoo, Allariz (Ourense)

Accésit

A Princesa do Caurel - CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, Sober (Lugo)

 

Relación provisional de admitidos e excluídos na proba substitutiva de titulación de graduado na ESO e nas probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio. Curso 2023/24

Gallego

Xúntase Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba substitutiva de titulación de graduado en educación secundaria obrigatoria e nas probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio. Curso 2023/24.

Poderanse presentar alegacións os días 3 e 4 de xullo de 2023 a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude.

Tema: 

Colectivo: 

Listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de arte dramática 2023/24

Gallego

Xúntase a listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de arte dramática 2023/24.

Tema: 

Colectivo: 

Relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, convocado pola Orde do 19 de outubro de 2022

Gallego

Xúntase a Orde do 21 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (Diario Oficial de Galicia número 206, do 28 de outubro; corrección de erros, Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro), publicado no Diario Oficial de Galicia n.º 124, do 30 de xuño de 2023.

Tema: 

Colectivo: 

Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 22-23

Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades durante o curso académico 2022/2023.

 

Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:

- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

 

Proxecto

Centro

Concello

provincia

A literatura galega á escena

IES Martaguisela

O Barco de Valdeorras

Ourense

3, 2, 1... Acción!

CEIP Plurilingüe de Reboreda

Redondela

Pontevedra

Rachando roles

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Ferrol

A Coruña

IES Ricardo Carvalho Calero

Ferrol

A Coruña

CEIP A Solaina

Narón

A Coruña

Luces, cámara... A falar!

IES Ramón Cabanillas

Cambados

Pontevedra

Musigalíza-te

CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto

Boqueixón

A Coruña

 

Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

-  un proxecto ao que se lle concede unha Mención de Honra:

 

Comer e ler en galego

CIFP Paseo das Pontes

A Coruña

A Coruña

 

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento deste proxecto recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramento durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Colectivo: 

Publicación relación de solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2023-2024

Gallego

Xúntase a Resolución do 19 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2023-2024

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra a citada resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación

O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). utilizando o modelo xenérico dispoñible no último expediente de solicitude xenérica (PR004A) formulada para a renuncia á participación do seguinte xeito:

-Acceda a ligazón https://sede.xunta.gal

-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder.

-Introduza o seu NIF e a súa contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital

-Localice no apartado de ÚLTIMOS EXPEDIENTES E PRESENTACIÓNS a última solicitude presentada (PR004A) para formular a renuncia á participación no CADP e prema no botón Acción existente á marxe dereita. Elixa no desplegable a opción Recurso de reposición.

-No campo ACTO RECORRIDO indique: RESOLUCIÓN SOBRE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS 23-24

-No campo UNIDADE RESPONSABLE DO PROCEDEMENTO debe elexir Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (para axilizar a búsqueda pode pinchar no formulario Seleccione e escribir Centros e Recursos e seleccionar a opción que lle ofrecerá a sede) Unha vez cuberto o recurso prema no botón “Continuar”

-Neste paso pode anexar a documentación xustificativa que considere conveniente e logo premer no botón Continuar.

-A seguir deberá asinar o recurso e presentalo no rexistro electrónico para o que se lle enviará o seu móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación no caso de empregar Chave 365 ou no caso de certificado dixital a súa contrasinal.

-Por último, a sede electrónica informaralle que o seu recurso foi presentado e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

 

Colectivo: