Apertura do prazo para solicitar comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, para o persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de establización mediante concurso de méritos, curso 2023/24

Mér, 05/07/2023 - 11:56

De conformidade co artigo 2.2 da Orde do 7 de xuño de 2018 o persoal docente interino que supere o procedemento selectivo no mesmo corpo e na mesma especialidade e lle fora concedida unha comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral non estará obrigado a formular unha nova solicitude de comisión de servizos. No suposto de formular unha nova solicitude quedará sen efecto a realizada como persoal interino.

O persoal interino que supere o procedemento selectivo por distinto corpo e especialidade poderá formular unha solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral.

Por último, o persoal que supere o procedemento selectivo extraordinario de estabilización mediante concurso de méritos  que non tivese formulada solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral, poderá formular solicitude neste prazo.

O prazo do persoal que supere o procedemento selectivo extraordinario de estabilización mediante concurso de méritos para formular solicitude de comisión de servizos por razón da conciliación da vida familiar e laboral será de dous (2) días hábiles desde a publicación deste anuncio na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Xa que logo, o prazo para formular a dita solicitude abranguerá desde o día 6 de xullo ata o día 7 de xullo de 2023, ambos incluídos.