Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 22-23

Mér, 28/06/2023 - 13:50

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades durante o curso académico 2022/2023.

 

Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2022/2023 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:

- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

 

Proxecto

Centro

Concello

provincia

A literatura galega á escena

IES Martaguisela

O Barco de Valdeorras

Ourense

3, 2, 1... Acción!

CEIP Plurilingüe de Reboreda

Redondela

Pontevedra

Rachando roles

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Ferrol

A Coruña

IES Ricardo Carvalho Calero

Ferrol

A Coruña

CEIP A Solaina

Narón

A Coruña

Luces, cámara... A falar!

IES Ramón Cabanillas

Cambados

Pontevedra

Musigalíza-te

CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto

Boqueixón

A Coruña

 

Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

-  un proxecto ao que se lle concede unha Mención de Honra:

 

Comer e ler en galego

CIFP Paseo das Pontes

A Coruña

A Coruña

 

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento deste proxecto recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramento durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.