Título node Learning object
O Instituto das Mulleres e o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado lanzan a acción formativa "Iniciación á robótica e programación desde unha perspectiva de xénero". Trátase dun MOOC (Massive Online Open Course) dirixido preferentemente a profesorado de educación primaria (os materiais están elaborados para esta etapa educativa) co obxecto de fomentar a participación das nenas en áreas STEAM, favorecer o desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas desde idades temperás e asegurar a equidade educativa de cara ao futuro.
A educación obrigatoria ao ser inclusiva e universal representa unha oportunidade para integrar a robótica e a programación con perspectiva de xénero, e ofrece a posibilidade de acelerar este proceso mediante a abordaxe desde diferentes ámbitos e a implicación de todos os axentes educativos e comunitarios.
A acción formativa consta dos seguintes módulos:
- Mulleres en STEAM e pensamento computacional.
- Actividades desenchufadas.
- Scracht.
- Intelixencia artificial.
- Robots de chan e placas de robótica.
O curso comezará o día 6 de maio e estará aberto ata o 12 de xuño de 2025.
A inscrición é gratuíta e xa está aberta para calquera persoa interesada, independente da súa situación xeográfica e perfil profesional, e prolongarase durante o período de duración do curso. A inscrición e a información ampliada sobre o curso está dispoñible a través desta ligazón.