Skip to Content

Complementarias

Galiciaskills 2023

25/10/2023 13:22
25/10/2023 13:22

Alumnado do IES Val do Asma, acompañado por profesores/as, acudirá como visitante ao campionato galego da formación profesional ou Galiciaskills 2023 que se celebra cada dous anos.

Cursos: CB de mantemento de vehículos e CM de electromecánica.
Organiza: Departamento de Automoción
Lugar: Recinto feiral de Silleda

Charla sobre a cultura inglesa

11/10/2023 09:35
11/10/2023 10:25

Charla sobre a cultura inglesa impartida pola editorial Burlington.

Destinatarios/as: Alumnado 1º e 2º BAC.
Lugar: IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Inglés.

 

Piragüismo na Ribeira Sacra

11/10/2023 08:45
11/10/2023 14:15

Actividade deportiva para o alumnado da ESO.

Destinatarios/as: Alumnado 1º, 3º e 3º PDC (de 8:45 a 11:15) e alumnado de 2º e 4º ESO (de 11:45 a 14:15).
Lugar: Praia da Cova (O Saviñao).
Organiza: Departamento de Educación Física.

Certificado de participación no Día dos Autores Europeos 2023

Para saber máis sobre a actividade do 27 de marzo de 2023 preme aquí.

Iniciación ao Obradoiro de radio

02/10/2023 15:55
02/10/2023 16:45

Actividade impartida polo persoal do Espazo Xove de Chantada

Destinatarios/as: Alumnado de ESO e de CB.
Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Sesión de divulgación da cultura emprendedora

02/10/2023 15:05
02/10/2023 16:45

Sesión de divulgación da cultura emprendedora impartida polos Polos de emprendemento de Monforte de Lemos.

Destinatarios/as: Alumnado do CS Administración e Finanzas.
Lugar: Aula de 2º CS.
Organiza: Departamento de Administración e xestión.

Fin curso 22-23

21/06/2023

Último día lectivo adicado dende as 8:45 horas á devolución de libros de texto, dos préstamos da biblioteca, devolución de chaves de taquillas, etc que rematará, a partir das 12:35 horas, cun acto festivo no que haberá:

  • Entrega de diplomas de Erasmus+ a alumnado e profesorado participante nas mobilidades á Güiana Francesa.
  • Actuación musical do alumnado que cursa a materia de Música.
  • Concerto de Alfonso Medela Trío.

Remate exposición fotográfica

26/06/2023

Fin da exposición de fotografía na Casa da Cultura de Chantada do 9 ao 26 de xuño. Actividade comprendida no CP INNOVA de Eduexcelencia organizado desde o departamento de Xeografía e Historia e realizado polo alumnado de 4 ESO durante este curso escolar. Para saber máis preme aquí.

Destinatarios/as: Público en xeral
Lugar: Casa da Cultura de Chantada
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia

Exposición fotográfica

09/06/2023 18:30
09/06/2023 20:00

Inauguración da exposición de fotografía na Casa da Cultura de Chantada(dende o 9 ao 26 de xuño). Actividade comprendida no CP INNOVA de Eduexcelencia organizado desde o departamento de Xeografía e Historia e realizado polo alumnado de 4 ESO durante este curso escolar.

Destinatarios/as: Público en xeral
Lugar: Casa da Cultura de Chantada
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia

 

Finanzas para mortais (II)

16/05/2023 11:45
16/05/2023 13:15

Segunda sesión do programa Finanzas para Mortales na que se imparten sesións de educación financeira.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM Electromecánica de Vehículos Automóbilies e de 1º CS Administración e finanzas.
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza:Departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut