A través da campaña "Cultivando a autoestima", os centros Quérote+ e o IES Val do Asma pretendemos fomentar a reflexión crítica da mocidade fronte á cantidade de imaxes e mensaxes que recibe sobre os modelos de beleza e patróns estéticos, que dalgún modo invisibilizan a realidade. Acceso ao material.
Celebración do Entroido con Karaoke, playback, música en vivo, concurso de disfraces e baile no que poderá participar toda a comunidade educativa. Para ver imaxes deste evento preme aquí.
O alumnado de 2º de BAC do IES Val do Asma realizará dentro do Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" unha visita guiada pola facultade elixida da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O alumnado asistirá a unha charla impartida por Irene Mato, Xefa de Recepción e responsable de Calidade do Mogay Hotel Eventos. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: IES Val do Asma
Grupos: C.S. Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Alumnado do IES realizará un coloquio sobre o libro de E. de Bono "Seis sombreros para pensar". Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: Biblioteca do IES. Grupos: C.S. Administración e finanzas ordinario e dual e C.S. Axencias de viaxes e xestión de eventos Organiza: Departamento de Administración e finanzas e Departamento de Hostalería e turismo
O alumnado de 2º e 3º da ESO asistirá a un taller de flores de papel, impartido por un membro da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao, coa intención de colaborar na confección do Pucho, o elemento máis vistoso e representativo deste Entroido. Para ver máis imaxes preme na foto.
Lugar: IES Val do Asma Grupos: Alumnado 2º e 3º ESO. Organiza: Departamento de Educación Plástica.