Skip to Content

REFÓRZA-T E PREMAT 2020

Na semana do 20 ao 24 de xaneiro darán comezo os contratos programa REFÓRZA-T e PREMAT destinados reforzar e mellorar as destrezas do noso alumnado e as competencias clave.

Trátase dun plan dirixido aos alumnos e alumnas da ESO que se desenvolverá até o 15 de xuño no noso centro en horario de mañá como medida de atención á diversidade dos grupos e de tarde en grupos reducidos.

O REFÓRZA-T (dirixido a alumnado de 1º e 2º da ESO) desenvolverase na aula de 1º da ESO co seguinte horario:

  • 1º da ESO: martes e xoves de 15:05 a 16:45
  •  2º da ESO: mércores e venres de 15:05 a 16:45

O PREMAT (dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO) desenvolverase na aula de apoio co seguinte horario:

  • 3º da ESO: martes e xoves de 15:05 a 16:45
  • 4º da ESO: mércores e venres de 15:05 a 16:45

As profesoras titulares cubrirán un rexistro de punCtualidade e asistencia do alumnado inscrito que enviarán de xeito periódico ao Departamento de Orientación e á Xefatura de Estudos polo que as ausencias deben estar xustificadas polos responsábeis documentalmente.

Do mesmo xeito levarase a cabo un seguimento pedagóxico do noso alumnado por parte do Departamento de Orientación coa fin de valorar as súas necesidades, dificultades e melloras que será comunicado aos seus titores legais ou pais de xeito cíclico.



story | by Dr. Radut