Eventos
Actividade na que participará persoal técnico do IGAPE, se presentará unha persoa emprendedora da comarca que compartirá co alumnado a súa experiencia persoal e ao remate haberá unha mesa redonda. Para máis información preme aquí.
Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios : Alumnado 2º curso Ciclos Superiores e alumnado de Economía no BAC.
Organiza: Departamento de Administración.
Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro sobre o bo trato e mitos do amor romántico.
Destinatarios : alumnado 1º ESO.
Organiza: Departamento de Orientación
Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro sobre linguaxe non sexista.
Destinatarios: Alumnado de 1º CM e FPB.
Organizan: Departamento de Orientación.
O Día Mundial da SIDA, conmemorado anualmente o 1º de decembro, é unha oportunidade para celebrar e apoiar os esforzos mundiais para previr novas infeccións polo VIH, ampliar a concientización e os coñecementos sobre ese virus e apoiar ás persoas seropositivas.
Na UAD de Monforte están a traballar para ofrecerlle os usuarios e a poboación xeral da Comarca de Lemos e arredores a mellor oferta asistencial. Dentro da súa carteira de servizos adheríndose o Proxecto de detección precoz do VIH mediante a realización de test rápidos en fluido oral. As probas realzanse de xeito totalmente anónimo e gratuito, e coa garantía de ser atendido e asesorado por profesionais expertos.
Pódese consultar máis información aquí.