As poetas María Lado e Lucía Aldao no IES de Teis
Enviado por Anónimo o Ven, 18/03/2016 - 11:36
O venres 26 de febreiro as poetas María Lado e Lucía Aldao ofrecéronnos un recital de poesía nun formato completamente diferente ao habitual pensado para atraer a un público mozo e a persoas pouco ou nada interesadas na poesía.
Para iso combinan o recitado de poemas propios das autoras con música en directo, xogos participativos para o público e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma.
En resumo, un espectáculo de poesía, música e humor que desfrutaron os alumnos de bacharelato no salón de actos.