Skip to main content

As poetas María Lado e Lucía Aldao no IES de Teis

Un momento da representación

O venres 26 de febreiro as poetas María Lado e Lucía Aldao ofrecéronnos un recital de poesía nun formato completamente diferente ao habitual pensado para atraer a un público mozo e a persoas pouco ou nada interesadas na poesía.

Para iso combinan o recitado de poemas propios das autoras con música en directo, xogos participativos para o público e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma.

En resumo, un espectáculo de poesía, música e humor que desfrutaron os alumnos de bacharelato no salón de actos.

A actividade foi ofertada polo SNL do Concello de Vigo e organizada no centro polo equipo de dinamización da lingua galega.

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta página usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License