Skip to main content

Itmaxina

Alumnado na escola vendo a demostración

O día 2 de marzo o alumnado de 1º e 3º da ESO asistiron á XII Semana Matemática ITMAXINA na fundación Barrié, organizada pola Fundación Escola Rosalía.

Durante dúas horas, repartidos en grupos, participaron en diferentes obradoiros: azar e probabilidade, pentominós, cubos soma, a calculadora, simetrías, ilusións ópticas, resolución de problemas,….

Os obxectivos destes obradoiros son, entre outros:

  • Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
  • Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
  • Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar.
  • Aprender a traballar en equipo valorando e respectando as opinións propias e ás dos demais e fomentando a imaxinación e a creatividade.

En todo momento os rapaces e rapazas amosaron moito interese, respecto e participaron activamente en todos os obradoiros.

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta página usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License