Skip to main content

Proxección no Día da muller do documental Fíos Fóra

fios fora

O pasado 8 de marzo celebrouse o día da Muller no IES de Teis. Para conmemorar tal día, proxectouse nas quendas de diurno e adultos o documental Fíos fóra. Segundo as súa páxina web:

Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Ademais pola mañá estiveron os responsables da elaboración do documental que responderon ás preguntas dos alumnos e alumnas.