Skip to Content

Complementarias

Torneos de baloncesto e xadrez intercentros

O IES de Soutomaior foi de visita a Redondela para participar en dous campionatos.

O primeiro tivo lugar o venres 26 de maio na Alameda Castelao de Redondela. Iago López Casas (1ºESOA), Xabier Vilán Guisande (1ºESO C), Víctor Pereira Rodrígues (2ºESO A) e Rodrigo Lorenzo Comesaña (2ºESO B) tiveron a oportunidade de medirse con xogadores e xogadoras doutras localidades na modalidade oficial de xadrez na que xa competiran no IES de Soutomaior en anteriores datas.

Independientemente dos resultados, a experiencia foi agradable e seguro que o alumnado quedou con gañas de continuar mellorando neste deporte tan intenso.

O luns 29 de maio tivo lugar no polideportivo do IES Mendiño de Redondela o campionato intercentros de baloncesto. Os profesores de educación física Ana Fervenza e Modesto Campos, que organizaron a nosa participación no evento, acompañaron ao alumnado que `participou cun total de tres equipos na categoría infantil (1º e 2º da ESO).

O resto das imaxes de ambos eventos atópanse na galería.

Xornada de convivencia do IES de Soutomaior co IES de Pontecaldelas

O proxecto "Polo río vai e ven" está este ano no tellado do IES de Soutomaior, pero participamos nel dous centros: o noso e o IES de Pontecaldelas.

Para celebrar esta colaboración, este luns 5 xuño, o alumnado participante saiu a facer un roteiro no que puideron coñecer os muiños de Daión, protagonistas este ano do noso traballo e, de paso, disfrutar dunha mañá diferente en compañía do alumnado de Pontecaledelas.

                                               Tódalas imaxes do roteiro pódense ver na galería

 

Semana LGTBI no IES de Soutomaior

A semana do 22 ao 26 de maio contou coa participación de parte do noso alumnado e profesorado nas diferentes actividades que organizou o comando Igualdade no IES de Soutomaior co motivo da semana LGTBI.

Por unha banda, estiveron expostos na entrada principal os traballos do II Concurso Fotográfico nos que os participantes versionaban un cadro, foto ou imaxe icónica dunha película para darlle un enfoque LGTBI. Os gañadores foron premiados o xoves 25 no recreo.

                                            As imaxes están fotografiadas máis de cerca na galería

Outras actividades que se realizaron esta semana foron a proxección da película "Elisa e Marcela" o xoves 25 de maio na aula de música e o photocall o venres 26 no recreo.

Agradecemos ao alumnado e o profesorado a súa participación nestas actividades as cales favorecen que todo o mundo se sinta parte deste centro. Diverso e que debe ser tolerante con todos os roles de xénero.

 

Xornada de teatro no IES de Soutomaior

O pasado xoves 18 de maio, o alumnado de 1º e 4º da ESO puido disfrutar dunha actuación ao cargo do dúo formado por Lois Blanco e Pablo Carrera integrantes da compañía Vicus Teatro.

O espectáculo de título "Crónicas Clásicas", foi representado no ximnasio e dividiuse en dúas partes. Na primeira explicaron de xeito ameno e interactivo a orixe do teatro na Antiga Grecia e na segunda interpretaron unha pequena obra característica das orixes deste arte.

A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Língua Galega no contexto da Semana das Letras Galegas e fixo posible que puderamos disfrutar no IES de Soutomaior das artes escénicas na nosa lingua.

 

Hai máis imaxes do evento na galería.

Roteiros científicos

Aproveitando o bo tempo, o alumnado de 1º da ESO do IES de Soutomaior saiu esta semana (15 e 16 de maio) a explorar a natureza facendo un roteiro pola contorna do centro.

A actividade foi organizada polo Concello de Soutomaior dentro do programa de Divulgaciencia contando coa colaboración do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Monitores e profesores acompañaron aos rapaces ensinándolles as especies características da nosa flora e fauna e realizando actividades científicas coma cromatografías, análise do pH do solo e observación de mostras co microscopio.

                                     

 O resto das imaxes están subidas na galería

Obradoiros Divulgaciencia

Como parte da iniciativa de Divulgaciencia, o Concello de Soutomaior, coa colaboración dos Departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química organizou os Obradoiros que tiveron lugar nos meses de marzo e abril no IES de Soutomaior

As temáticas foron moi variadas. Dende programación ata a preparación de cociña vanguardista sumando un total de cinco xornadas: "Deseño de APPs" e "Comes con Ciencia" con 1º de bacharelato, "Iniciación á Programación" con 3ºESO, Introducción á Programación e á Electrónica" e explorando o espazo con 4ºESO.

 

 

Con ista iniciativa, preténdese achegar ao alumnado os contidos das materias de ciencias dende un punto de vista máis practico e atractivo.

Para ver máis imaxes pódese consultar a galería do centro.

Entrega de trofeos no IES de Soutomaior

Estas últimas semanas tivemos recreos con varias actividades organizadas polo centro.

O Departamento de Educación Física organizou un campionato mixto no que cada grupo da ESO e de Bacharelato podía participar.

Logo de teren lugar as liguillas e o cadro final, resultaron gañador@s @s integrantes do equipo de 2º de Bacharelato e recibiron o trofeo o pasado venres 5 de maio.

 

Por outra banda, o campionato de xadrez organizado por Eduardo Cid Vila do Departamento de Lingua Castelá, rematou o mesmo venres 5 de maio como colofón os moitos enfrentamentos que tiveron lugar na biblioteca do IES de Soutomaior.

O gañador foi Iago López Casas e a segunda clasificada Antía Míguez Iglesias. Noraboa aos campións.

               

          As imaxes do campionato de xadrez na galería

Inmersión lingüística en Salisbury

Despois duns anos sen sairmos ao extranxeiro por mor da covid, o 26 de marzo, o alumnado de 1º de bacharelato do IES de Soutomaior partiu hacia Salisbury.

O obxectivo era coñecer unha cultura diferente así como mellorar o dominio da lingua inglesa. Qué mellor que durmir no fogar dunha familia nativa coa que interaccionar para acadar o proposto.

Ainda que as veces o tempo non acompañou, puideron visitar lugares moi interesantes coma Londres e Bath.

Dende o centro queremos agradecer ao Departamento de Inglés con Irene Alonso á cabeza por organizar a viaxe. Tamén agradecemos enormemente o compromiso ás profesoras Sandra Soliño e Lucía Galván porteren acompañado a Irene e a todo o alumnado nesta aventura.

Excursión fin de etapa a Barcelona 2023

Tras pasar gran parte do curso traballando coa financiación e a organización da viaxe, o martes 28 de marzo ás 5:40 da mañá, o alumnado de 4º da ESO e o profesorado acompañante partiu rumbo a Barcelona ilusionado con vivir unha gran experiencia.

Nesta excursión puidemos coñecer as zonas máis importantes de Barcelona, a cidade de Tarragona e , aproveitando que durmiamos en Salou, visitar o parque de Port Aventura.

                

As fotos colgadas na galería podense consultar aquí.

Dende o IES de Soutomaior queremos agradecer ás familias a súa participación na organización da viaxe así como a axuda e cordialidade co desenvolvemento da súa financiación.

Tamén queremos agradecer ao alumnado participante o seu comportamento e disposición para manter o grupo unido, o que é imprescindible para realizar tódalas actividades con normalidade.

Por último, agradecer aos profesoras acompañantes Lucía López Senín e Paula Veiga a súa colaboración e o seu bo ánimo axudando a que non se producira ningún contratempo.

Excursión ao Courel 2023

A semana anterior á Semana Santa foi un periodo moi especial no IES de Soutomaior pois, grazas a colaboración de gran parte do profesorado, puidemos organizar varias saídas.

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega, acercou ao alumnado de 2ºESO (29-31 de marzo) ao cerne da provincia de Ourense, un lugar onde se atopan algunhas das fragas e bosques máis fermosos da nosa comunidade. 

 

Aproveitando a ruta, aproveitamos para pasar polo Monte Furado en Quiroga e achegarnos ás Medulas xa na provincia de León.

Dende o IES de Soutomaior queremos discupar ás familias polos incedentes relacionados coa folga de transportes, que provocou non se puidera parar en Lugo como estaba previsto así como agradecer aos profesores Antonio Ricón e Damián Otero a súa implicación na organización e na labor de acompañar ao alumnado nesta aventura.

Distribuir contido


by Dr. Radut