Lingua Galega

Obradoiro de regueifas para 2º ESO

O alumnado de segundo da ESO e de PMAR 1 asistiu hoxe a un obradoiro de regueifa impartido por Sara Marchena e Sara Villa Aira, graduadas en Lingua e Literaturas Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente imparten obradoiros de regueifa e improvisación oral de temáticas diversas, con especial atención á Regueifa Feminista ou á perspectiva de xénero dentro do repente galego.

A sesión comezou cun achegamento teórico moi breve no que se explicaron as relacións que existen entre a regueifa e as composicións dialogadas medievais, tales como as tensós, para facer fincapé despois no cultivo da regueifa nas vodas do s. XIX entre grupos de persoas que estaban convidadas á cerimonia (ou ben contratadas) e outras persoas alleas á celebración. O obxectivo da disputa dilemática era conseguir a honra de partir a regueifa, un pan branco moi prezado daquela, ao mesmo tempo que a persoa gañadora podía obter a maior parte. A regueifa continúa cultivándose actualmente baixo distintas denominacións, especialmente, en Vigo, Camariñas, Vilariño de Conso ou no Courel.

Posteriormente, o alumnado achegouse á melodía métrica e rimática da regueifa co fin de poder entre todos elaborar e cantar unha copla, que foi a seguinte: 

Vouche dicir unha cousa

Estas profes son moi serias

Estou farta de estudar

Eu teño moitas materias.

 

A continuación, os/as estudantes divididos en grupos tiveron que compoñer coplas que rematasen con algún dos versos propostos: 

  1. Como Sabela de OT
  2. Ai! Que ben canta Natalia
  3. A min gústame Alba Reche
  4. A min non me gusta OT 

Deixámosvos un dos resultados: 

Vouche dicir unha cousa

Antonte fun tomar un té

Vin cantar unha rapaza

Como Sabela de OT.

 

Finalmente, as disputas dilemáticas tiveron unha temática máis variada, de modo que as coplas foron moi diversas. Podedes ler algúns exemplos:

 Teño que dicirche unha cousa

Gústame tocar a frauta

A ti gústanche outras cousas

Tes que facerte astronauta.

 

Vouche dicir unha cousa

Tes que ir para a Nasa

Non te queremos na casa

Tes que facerte astronauta.

 

Día das letras galegas

Co gallo do día das letras galegas o alumnado de 1º ESO, na materia de lingua e literatura galega, busca respostas sobre MARÍA VICTORIA MORENO, autora homenaxeada este ano 2018.

 

Os misterios do señor Burdick

O alumnado de 1ºB ESO  resolve "os misterios do señor Burdick". De seguido podedes ver as creacións feitas polos alumnos/as deste curso:

Día de Rosalía de Castro - 2018

O luns 26 de febreiro, 7 alumnos/as do Programa de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento de 2º de ESO participaron na lectura do poemario de Rosalía de Castro. Este acto estivo organizado polo Concello de Monforte de Lemos e desenvolveuse na Biblioteca Municipal.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Álbum: Escolares -> Día de Rosalía 2018

Película "A Esmorga"

Un grupo de alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato acudiron aos multicines "Hollywood" da nosa localidade para visionar a película "A Esmorga". A actividade estivo promovida polo Departamento de Lingua e Literatura Galega do centro, o que permitiu aos nosos estudantes ver esta versión cinematográfica da obra de Eduardo Blanco Amor.

Concurso literario de relato e poesía Curso 2009

O Departamento de Lingua e Literatura Galegas do centro decidiu premiar os relatos e poesías seguintes entre os presentados ó Concurso Literario de relato e poesía convocado co gallo do Día das Letras Galegas. Cada un dos relatos seleccionados estan dispoñibeis para descargar en formato PDF.

As nosas felicitacións a tódolos premiados.


Letras Galegas 2008

Con motivo do Día das letras Galegas 2008, ademais da exposición sobre o escritor X.Mª Álvarez Blázquez, estanse a levar a cabo outras actividades organizadas pola nosa compañeira Chelo Vara quen, xunto co seu alumando do 1º ciclo, nos agasallou cunha mostra sobre Castelao e outra sobre os libros que os rapaces de 2º da ESO recoméndannos, baixo o lema: "A Maxia da Lectura".

 

 Podes facerlle unha visita ao Museo Castelao, onde podes ver e escoitar todo o relacionado con éste autor.

 


TOMANDO UN CAFÉ CON... XOSÉ MIRANDA

Xosé Miranda Ruíz é un recoñecido escritor galego, nado en Lugo en 1955,que trata xéneros moi diversos, como a narración, poesía. O escritor, co motivo do Día do Libro, veu o luns 20 de Abril ó noso instituto para dar unha charla sobre a piratería, e, en concreto, sobre o pirata galego Benito Soto o cal é a raíz, a base, da súa novela Morning Star.


Distribuir contido