Curso 2020/21
Final do concurso de Oratoria improvisada
O pasado xoves 10 de xuño tivo lugar, no Salón de Actos do Río Cabe, a final do Concurso de Oratoria improvisada do 1º e 2º Ciclo da ESO.
Por limitacións do aforo só estiveron presentes os que chegaron á final (un total de 32 alumnos que previamente concursaran en cada clase).
Os participantes foron escoitados con total atención por parte dos presentes na sala.
O primeiro premio foi para:
-Sabela López Mariño (de 2º A).
O 2º:
- Alla Castro de la Fuente (1ºB)
O 3º premio conseguiuno
-Iara Rodríguez González (2ºB).
No caso de 2º Ciclo da ESO quedaron finalistas:
-1º Premio: Salma Díaz Pizarro (3ºB ESO)
-2º: Ariadna Valdés Fernández (4ºC)
-3º Miguel Vega López (4º A)
Ó día seguinte, 11 de xuño, celebramos a final do mesmo concurso en Bacharelato.
Despois dunha moi boa actuación e implicación do alumnado, os resultados foron os seguintes:
-1º Premio Saúl Fajardo (1ºBAC - A)
-2º: Manuel Díaz (1º BAC- A)
-3º Rebeca Varela (1º BAC - B)
Foi unha estupenda experiencia na que o alumnado demostrou a súa capacidade de improvisación e imaxinación... Noraboa!
A actividade foi organizada por Normalización Lingüística e o Dpto de L. galega.
Vídeos fin de curso - Depto de Música
O alumnado de música de 3º e 4º de ESO e 1º Bac realizou uns vídeos para celebrar o fin de curso. Parabéns a todos eles e a súa profesora, Eva, polo seu entusiasmo e bo facer.
.
3º ESO B - Despedida
O día 21 de Xuño os alumn@s de 3ESOB desfrutaron dunha comida na Casa dos Muros para despedir o curso. Despois realizaron dúas actividades en salas de escape: Monasterio e O Santo Grial, un xogo colaborativo moi divertido onde a través de pistas descubriron a maneira de saír dunha pequeña sala.
Proxecto Interdisciplinar 1º ESO - "Viaxando a.."
No curso académico 2020/21, un profesor do centro elaborou o Proxecto Interdisciplinar para alumnos de 1º da ESO, que forma parta da materia Formación de Usuarios.
Avelino Rego Freire, profesor de Lingua Inglesa, realizou cos seus alumnos o proxecto interdisciplinar “Viaxando a…” Este proxecto foi unha colaboración entre Educación Plástica, Ciencias Sociais e Lingua Inglesa. Co gaio, da pandemia do coronavirus e o feito de ter que estar confinados, o obxectivo do traballo era poder viaxar virtualmente e coñecer outras culturas e lugares de países de fala inglesa. Como este ano, por primeira vez no centro, un mesmo profesor realiza o proxecto interdisciplinar en varias clases, o profesor decidiu centrarse na investigación de tres países distintos (Canadá, Irlanda e Australia) en cada unha das clases nas que imparte a materia. Asemade os traballos foron feitos en Lingua Inglesa, distribuíndo os proxectos do seguinte xeito:
1º ESO A Travelling to Canada
1º ESO B Travelling to Ireland
1º ESO C Travelling to Australia
Tendo en conta a situación e as medidas sanitarias polo Coronavirus, os alumnos non puideron realizar os traballos en grupo como nos gustaría facendo debuxos en grupos, manualidades, investigacións grupais, etc. Por ese motivo, o profesor decidiu centrarse nas novas tecnoloxías de feito que os alumnos traballaron en grupo pero de forma telemática, empregando internet, os seus ordenadores (E-DIXGAL), os libros da bliblioteca, vendo vídeos documentais dos países dos que estaban a investigar… Como resultado final os alumnos crearon de forma autónoma e en conxunto chegando a acordos entre eles, un Powerpoint final de cada un dos países que lles tocou. É importante destacar que moitos deles non sabían como traballar con dito programa, polo que adicamos unhas cantas clases a explicar o funcionamento de diversos programas para facer a presentación dun traballo académico.
Tamén tivemos tempo a facer uns debuxos iniciais do como eles vían o país que lles tocou investigar. A continuación mostramos uns exemplos dos seus traballos individuais.
Turismo no Courel e Quiroga
O Ciclo de Guía, información e asistencia turísticas saímos, perto do final do trimestre, a coñecer a zona sur do territorio do Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Courel” e o Val do río Sil
Comezamos polos dous centros de interpretación do Concello de Quiroga, o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico. No primeiro atopamos a historia xeolóxica da comarca cos eventos naturais máis salientables producidos dende o Paleozoico ata os nosos días. No segundo coñecimos como a veciñanza da contorna se adaptou ao medio natural, aproveitando recursos da zona como o viño, a mel, o ferro , a lousa, o aceite,…
O Túnel de Montefurado, seguinte destino, amosounos a importancia que tivo a extracción do ouro na época do Imperio Romano. Resultou interesante visitar os dou lados do túnel así como varias minas da zona.
Chegando a hora do xantar achegámonos á almazara e adega Lar de Ricobao para facer unha cata comentada do viño denominación de orixe Ribeira Sacra da subzona Quiroga-Bibei e tamén do aceite de oliva de Quiroga.
Foi alí onde nos comentaron que a Universidade de Córdoba, cun dos laboratorios de maior prestixio a nivel internacional, certificou a calidade do aceite de Quiroga dentro das mellores do mundo, debido á elevada cantidade de polifenois, compoñentes antioxidantes beneficiosos para a saúde Despois das explicacións de Julio, o propietario da adega e almazara, ofrecéronos un xantar nas propias instalacións.
Pola tarde visitamos o Miradoiro Xeolóxico de Campodola para observar o coñecido como Pregamento deitado de Campodola-Leixazós, declarado Monumento Natural pola Xunta de Galiza en 2012 e Punto Xeolóxico de Interese internacional dese 1983. Este elemento xeolóxico foi o que permitiu que, as Montañas do Courel, optaran a Xeoparque Mundial da UNESCO.
Rematamos o percorrido na aldea e mina de Margaride onde Iván nos explicou os sistema de explotación mineiro romano de “corta de arrastre” ou “cunchas de equilibrio”.
Graduación 4º ESO
Hoxe foi o gran día. Adiantámosvos a primeira parte.
Obxectivo cumprido!
As alumnas e alumnos de 4º de ESO do Río Cabe graduáronse onte venres, 25 de xuño, nun acto á vez emotivo e divertido. O xardín do instituto serviu de marco á cerimonia, onde alumn@s, familias e profesorado compartimos unha tarde que todos desfrutamos e que se fará inolvidable.
Noraboa a tod@s e grazas pola vosa presenza e colaboración.
Graduación 4º ESO - Asignación de postos
A asignación de postos das familias no xardín do centro, despois do sorteo realizado cos delegados do alumnado, para a graduación de 4º ESO queda do seguinte xeito:
As familias que desexen traer máis de dous acompañantes, por favor contacten co centro para ver se é posible, por razóns de aforo.
O acto dará comenzo ás 20:00h. Pregamos puntualidade
Visita ó Parque Eólico de Sotavento
No día de hoxe,16 de xuño, o alumnado de 4º de ESO visitou as instalacións do Parque eólico de Sotavento , en Xermade, Lugo. A mesma visita foi realizada polo alumnado de 2º de ESO o pasado 24 de maio. O obxectivo das visitas foi coñecer de primeira man un proxecto “que pretende tomar conciencia da necesidade de promover novos modelos de desenrolo que axuden a diversificar as fontes enerxéticas á a vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable”.
Así, o alumnado e profesores acompañantes aprenderon como aforrar enerxía no fogar, como orientar as vivendas a construir para que sexan máis eficientes, aproveitar e gastar menos auga, viron o funcionamento de aeroxeradores e atenderon a moita información moi interesante para transformar a nosa mentalidade en canto a axuda ó medioambiente.
Unha visita que sen dúbida repetiremos en próximos anos.
Excursión ó Courel . Ruta Uxío Novoneyra
O luns 7 de xuño do 2021 ó alumnado de 1º ESO do IES Río Cabe de Monforte de Lemos fixo a ruta de sendeirismo de Uxío Novoneira na serra do Caurel. Foron acompañados polas profesoras Nuria Mariño, Carmen Morais, María Padrón e Carlos Parada. A actividade estivo organizada polo Departamento de Normalización lingüística, Bioloxía e Educación Física.
A ruta empezou ás 11h saíndo do pobo de Parada e continuou por Moreda, para adentrarse nas devesas que conforman os 8 km de ruta. O alumnado foi lendo as distintas poesías que aparecen no recorrido e desfrutando das espectaculares vistas que presenta a serra do Caurel.
Unha vez na aldea de Parada fixemos unha visita rápida á casa de Uxío Novoneira, guiados pola traballadora da Fundación Uxío Novoneira, Marta
Ó rematar a visita á casa aproveitamos para xantar ó lado da fonte e lavadoiro e baixo a sombra dos carballos.
Xa de volta paramos a coñecer o pregamento de Campodola, no Concello de Quiroga.
O IES Río Cabe quere agradecer ó Concello de Folgoso de Caurel o mantemento da rota en boas condicións e a Fundación Uxio Novoneyra a súa colaboración dun xeito totalmente desinteresado.
Saída parque Biosaudable O Viveiro - Plan Proxecta Naturézate
O pasado xoves 27 de maio as titoras de 1º ESO organizaron unha saída ao Parque O Viveiro de Monforte para continuar co Plan Proxecta Naturézate. Alí realizamos actividades relacionadas coa biodiversidade e o alumnado puido aplicar os coñecementos sobre flora adquiridos na materia de Bioloxía e co Plan Naturézate. Como se pode ver nas fotos, tamén tiveron tempo de desfrutar e xogar.
La