2º ESO. Relatorio Club Ciclismo Monforte de Lemos

31.01.2024

 

O alumnado de 2º ESO gozou dun relatorio da man de Aarón do Club Ciclismo Monforte onde lles explicou este deporte e as actividades que leva a cabo o Club Ciclismo Monforte. Agardamos que fose do seu interese e que moitos e moitas se animen con este deporte!

Moitas grazas Aarón e moitas grazas ao Club Ciclismo Monforte por acudir ao noso centro educativo.

Podes ler a nova no xornal picando AQUÍ.

Álbum: Escolares -> 2024_01_31_2ª AVA_2º ESO_Relatorio Club Ciclismo Monforte de Lemos

1º Bacharelato_2º Bacharelato_A Ponte entre o ensino medio e a USC_Visita facultades_CSHG_residencias universitarias

30.01.2024 e 31.01.2024

O alumnado de 1º Bacharelato (30.01.2024) e de 2º Bacharelato (31.01.2024) visitaron Santiago de Compostela dentro do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC. Acompañados do seu profesorado Pilar López, Sara Porrit, Emilio Sotelo e Yolanda Soba (o aumnado de 1º Bach), e das docentes Ana Otero e María Padrón (o alumnado de 2º Bach) visitaron pola mañá as diferentes facultades das que constan os Campus de Compostela (Campus Norte e Campus Vida). Pola tarde, ambos os dous días, alumnado e profesorado coñeceron o Centro Superior de Hostelería de Galicia e as residencias universitarias Monte da Condesa e Burgo das Nacións.

Álbum: Escolares -> 2024_01_30_31_2ª AVA__1º BACH_2º BACH_A Ponte entre o ensino medio e a USC_Visita facultades_CSHG_residencias universitarias

1º ESO. Proxecta Igualdade. Obra de teatro "Mulleres na rede" por Estíbaliz Veiga

29.01.2024

 

O alumnado de 1º ESO puido gozar da obra representada por Estíbaliz Veiga "Mulleres na rede", dentro do Plan Proxecta Igualdade deste ano académico 2023  2024 que encabeza a profesora Noelia Besteiro. Foi unha representación onde o alumnado puido comprobar os perigos que conlevan as redes sociais e aprenderon a facer un bo uso delas.

 

Álbum: Escolares -> 2024_01_29_2ª AVA_1º ESO_Proxecta Igualdade_Teatro Mulleres na rede_Estíbaliz Veiga

1º ESO. Club de lectura

19.01.2024

 

Na mañá do venres, 19 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO B xunto coa súa profesora de Lingua Galega, Pilar López, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de María Reimóndez, Usha, acompañado dunha deliciosa bica.

Con esta obra o alumnado tivo ocasión de descubrir a cultura popular da India, lugar a onde unha rapaza galega, Uxía, Usha para os amigos, chega acompañando a súa nai que era membro dunha ONG.

A través dos ollos de Usha descríbesenos a súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India, onde fixo algunhas amizades, especialmente con Lakshmi e Deepak e puido coñecer novos costumes e lendas e descubrir unha nova lingua: o canarés.

A xuntanza foi moi interesante e permitiunos comparar moitos aspectos da cultura india e galega.

Álbum: Escolares -> 2024_01_19_2ª AVA_1º ESO_Club de lectura

Fútbol sala cadete

29/01/2024
Europe/Madrid

Segundo partido do Equipo de Fútbol Sala Cadete do IES Río Cabe da Tempada 2023-24. Os rivais foron os do SD Monforte.

Celebrouse o venres 26-1-24 ás 16h no Pavillón do CEIP Monforte. O noso equipo está en proceso de mellora. 

 

Parabéns e a seguir adestrando, xogando e disfrutando!

 

 

FÚTBOL SALA INFANTIL

29/01/2024
Europe/Madrid

Quinto partido do Equipo de Fútbol Sala Infantil do IES Río Cabe da Tempada 2023-24. Celebrouse o venres 26-1-24 ás 16h no Pavillón do CEIP Monforte, os rivais foron o equipo do SD Monforte.

O noso equipo segue a mellorar.

 

Parabéns e a seguir adestrando, xogando e disfrutando!

 

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Comezo do período de inscrición. Convocatoria 2024

Período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

Convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos de 2024

Publicada a Resolución do 5 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

  • O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Máis información

1º Bacharelato e 2º Bacharelato. Relatorio exalumno Pablo Vila

26.01.2024

O noso exalumno Pablo Vila ofreceu un relatorio ao alumnado de 1º Bacharelato e 2º Bacharelato onde lles explicou a súa traxectoria polo IES Río Cabe, o Grao en Telecomunicacións que estudou en Vigo e o posterior Máster en Comercio que realizou en Madrid. Foi un encontro moi ameno onde lles deu moitos e bos consellos para o seu futuro académico e profesional. Actualmente Pablo traballa para unha empresa en Madrid e viaxa por todo o mundo (Arabia Saudí, Xordania, Perú...).

Desexámoslle moita sorte e agradecemos que volvese ao que un día foi (e segue sendo) a súa casa. Grazas Pablo!

Podes ler a notica de prensa AQUÍ. 

Álbum: Escolares -> 2024_01_26_2ª AVA_1º BACH_2º BACH_Relatorio do exalumno Pablo Vila

3º ESO. Coñece as túas institucións. Xunta de Galicia e Parlamento de Galicia

24.01.2024

 

O 24 de xaneiro o noso alumnado de 3º ESO acompañado das profesoras Rocío López, Cristina Ouro e Nerea Iglesias visitaron Compostela dentro do Programa "Coñece as túas institucións" onde visitaron a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galica. Foi unha xornada ben entretida e chea de coñecementos!

Álbum: Escolares -> 2024_01_24_2ª AVA_3º ESO_Coñece as túas institucións_Xunta de Galicia e Parlamento de Galicia
Distribuir contido