Skip to Content

Secretaría

BUSCAMOS NOME PARA O CENTRO!

Imos poñerlle un nome ao noso instituto.

Toda a comunidade escolar (alumnado, familias, persoal do centro) pode facer as propostas que desexe ata o día 29 de abril, cubrindo un sinxelo impreso que se facilita na conserxería e depositándoo no buzón de suxerencias que está no corredor de dirección.

O día 2 de maio publicaranse a listaxe das propostas presentadas.

O día 9 de maio farase a elección, e a máis votada será presentada ao Consello Escolar, que deberá decidir e remitir o nome para que sexa aprobado, se procede, pola Consellería de Educación e O.U.

 

CORRECIÓNS NOS IMPRESOS DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

As casiñas que se terán en conta para a baremación da renta son a 430 (Base impoñible Xeral) e 445  (Base impoñible aforro) da declaración do ano 2014.

SOLICITUDE FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Desde o 21 de maio ata o 22 de xuño está aberto o prazo de solicitude do Fondo solidario de libros de texto e material escolar. Véxanse os arquivos que figuran a continuación:

Circular informativa ás familias (resumo das Instrucións)

Anexo I e Anexo II

Instrucións completas

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Con data do día 10 de maio de 2021 pubícanse as listaxes definitivas de admisión de alumnado para o curso 2021-2022.

Non houbo cambios con respecto ás listas provisionais, polo que estas quedan confirmadas automaticamente.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Con data do día 10 de maio quedan publicadas as listaxes definitivas de admsilón para o curso 2021-2022.

Non houbo cambios con respeto ás listaxes provisionais. Por tanto, estas listaxes uedan confirmadas

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021-2022

No taboleiro do vestíbulo do centro, pódense consultar as listaxes provisionais de admisiónde alumnado para o curso 2021-2022.

AVISOS SOBRE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

1. Infórmase de que ao haber menos solicitudes de admisión que prazas disponibles non será preciso baremar.

As listaxes de admitidos serán publicadas proximamente.

2. O alumnado que cursa 4º de ESO neste centro e desexa continuar o Bacharelato no Rego de Trabe,  non necesita facer solicitude de admisión

AVISO: ADMITIDO O ALUMNADO DOS COLEXIOS ADSCRITOS QUE FIXO RESERVA

Foi admitido todo o alumnado dos colexios adscritos (CEIP Dïaz Pardo; CEIP Sofía Casanova; CEIP Vila de Rutis) que fixo reserva no IES Rego de Trabe para o curso 2021-2022

Distribuir contido


by Dr. Radut