Skip to Content

Secretaría

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO DO BANCO DE LIBROS

O prazo para devolver os libros de texto do Banco de libros remata o luns día 26 (ese día tamén se recollen). Entregaranse en Conxersería.

Lémbrase que se non se devolven todos e en bo estado, perderase o dereito de disfrutar de libros do Banco no próximo curso 2017-2018.

ABERTA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No DOG nº 96 do 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

Acceso a impreso de solicitude.

Prazo de solicitude: dende 23 de maio 2017 ata o 23 xuño 2017 (ambos incluídos).

Renda: refírese á de 2015 (casiña 380+395 para os que presentaron Declaración; certificado tributario de imputación do 2015 para os que non teñen obriga de presentala)

Solicitude e documentación: vid. páxina 24636 DOG e seguintes.

NOTA: A falta de devolución dos libros de texto e material reutilizable adquiridos coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/17 será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18.

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.pdf

Día do ensino (festivo)

31/10/2016 00:00

Avaliación inicial 1º ESO

03/10/2016 18:15

CONCESIÓN DA CAFETERÍA PARA O CURSO 2017-2018

Seguindo as instrucións da Consellería, o día 3 de xullo 2107 ábrese o prazo para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do IES Rego de Trabe. Ver instrución xerais aquí

As persoas interesadas en facerse coa xestión deste servizo poden solicitar na conserxería fotocopia das anteditas instrucións, onde figuran os requisitos e condicións para desenvolver a actividade xunto coas Instrucións particulares do IES Rego de Trabe.

O prazo para presentación de ofertas é desde o 3 ao 17 de xullo de 2017, ámbolos dous incluidos, en horario de 10:00 a 13:00 h.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut