Skip to Content

Lingua estranxeira: FRANCÉS

La Tendresse

O noso alumnado, inda nestas condicións tan excepcionais, segue explotando a súa creatividade para levar mellor a situación e ao mesmo tempo axudarnos a pasar uns minutos diferentes.

Nesta ocasión son Belén Álvarez e David Bretal, de 3º de ESO, os que nos deleian coa  súa arte.

 

CONTOS EN FRANCÉS

O alumnado de francés vén de asistir e participar dunha actividade na que Samuel, vido de Camerún, nos contou contos en francés, tinguidos coa cor e o agarimo do seu país de orixe.

Plan Proxecta - Movámonos de forma segura e sostible por Culleredo

Este curso académico, os alumnos de 2° ESO B participaron nun programa do Plan Proxecta. O proxecto sobre o que traballaron chámase Movámonos por Culleredo de forma segura e sostible e consistiu en concienciar ao alumnado sobre as boas prácticas en materia de educación vial e incitalos a utilizar medios de transporte non motorizados para ter hábitos saudabeis e axudar a protexer o planeta, pero sobre todo ter hábitos viarios non perigosos. Os alumnos de 2°ESO B poideron escoitar unha charla da DGT sobre o uso seguro da bicicleta, outra sobre os efectos do alcohol e drogas e fixeron un simulacro con gafas. Ademais, traballaron unha unidade didáctica e leron uns caderniños sobre educación vial, e particularmente sobre o uso da bicicleta. Por último, os alumnos de 2°ESO B que cursan a asignatura de Francés gravaron e elaboraron un vídeo para dar consellos para usar a bicicleta dunha forma segura e así concienciar toda a comunidade educativa.

Plan Proxecta - Movámonos de forma segura e sostible por Culleredo

Plan Proxecta - Movámonos de forma segura e sostible por Culleredo

Entrega premios do concurso fotográfico da viaxe a París.

Hoxe no RDT o departamento de Francés fixo entrega dos premios do primeiro concurso fotográfico da viaxe a París. Parabéns ás premiadas!

1º PREMIO  MICAELA CASTRO LIÑARES 4ºB

2º PREMIO: AROA SUÁREZ OUTES 3ºD

3º PREMIO: AROA  GARCÍA BELLO 4ºB

Non te perdas o vídeo da entrega e a galería de fotos

13 maio 2019

Día Internacional da Francofonía

O alumnado de francés do RDT, acompañado polo profesorado do departamento, invitou a celebrar á comunidade educativa o Día Internacional da Franconfonía. 

Este evento, celebrado oficialmente o 20 de marzo, posibilita que os 70 Estados e Gobernos membros da Organización Internacional da Francofonía (OIF) celebren o seu nexo común, a lingua francesa.

(clic na imaxe para acceder á galería)

día francofonía

 

día francofonía 2

Distribuir contido


by Dr. Radut