Skip to Content

Plan Proxecta - Movámonos de forma segura e sostible por Culleredo

Este curso académico, os alumnos de 2° ESO B participaron nun programa do Plan Proxecta. O proxecto sobre o que traballaron chámase Movámonos por Culleredo de forma segura e sostible e consistiu en concienciar ao alumnado sobre as boas prácticas en materia de educación vial e incitalos a utilizar medios de transporte non motorizados para ter hábitos saudabeis e axudar a protexer o planeta, pero sobre todo ter hábitos viarios non perigosos. Os alumnos de 2°ESO B poideron escoitar unha charla da DGT sobre o uso seguro da bicicleta, outra sobre os efectos do alcohol e drogas e fixeron un simulacro con gafas. Ademais, traballaron unha unidade didáctica e leron uns caderniños sobre educación vial, e particularmente sobre o uso da bicicleta. Por último, os alumnos de 2°ESO B que cursan a asignatura de Francés gravaron e elaboraron un vídeo para dar consellos para usar a bicicleta dunha forma segura e así concienciar toda a comunidade educativa.

Plan Proxecta - Movámonos de forma segura e sostible por Culleredo

Plan Proxecta - Movámonos de forma segura e sostible por Culleredo



page | by Dr. Radut