Skip to Content

AULA VIRTUAL FÓRA DE SERVICIO ATA O MÉRCORES 3 DE AGOSTO

A aula virtual estará de novo en funcionamento o xoves 4 de agosto. Disculpen as molestias.

CONTACTO durante a PRIMEIRA QUINCENA de AGOSTO

Só se atenderá, previa cita, chamando ao teléfono 659 93 04 26 (operativo de 10:00 a 13:00 h).

 

A Dirección

ADXUDICACIÓN DE FONDO DE LIBROS

As listaxes provisionais están publicadas no taboleiro da entrada do instituto. Quen o teña solicitado telematicamente poderá consultar o resultado da súa propia solicitude.

Teñen dous días a partir de hoxe para presentar reclamacións. As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de Setembro de 2021.

Oferta educativa 2021-2022 por cursos

Pinchar no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesregodetrabe/node/1195

A OFERTA EDUCATIVA PARA 2º DE BACHARELATO SUFRIU MODIFICACIÓNS:

  • POR MOR DE TIPO DE MATERIAS SEGUNDO A LEXISLACIÓN VIXENTE: O ALUMNADO QUE ESCOLLA MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS TERÁ QUE CURSAR OBRIGATORIAMENTE RELIXIÓN CATÓLICA.
  • A MATERIA DE CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE (CTMA) MANTENSE NA OFERTA EDUCATIVA, E NON CONDICIONA A ELECCIÓN DE NINGUNHA OUTRA MATERIA.

CHEQUES DE MATERIAL

Están dispoñibles os cheques de material para o alumnado que ten dereito a eles.

O horario de entrega será de 10:00 a 13:00

Para o alumnado que se atopa pendente de matricularse, os cheques estarán disponibles cando completen a matricula en Setembro

EXAMES DE SETEMBRO. CALENDARIO E INSTRUCIÓNS

TODOS OS EXAMES TERÁN LUGAR NO EDIFICIO PRINCIPAL. No recibidor terán instrucións para atopar as aulas de cada exame.
Non se poderá abandonar a aula do exame ata pasados 15 min do comezo do mesmo.
Non se permitirá entrar na aula do exame pasados 15 min do comezo do mesmo.
Non se permitirá levar reloxio, nin analóxico nin dixital.
Calquera manipulación de un teléfono móbil dentro da aula do exame implicará a retirada do mesmo e cualificarase con un 0.
Deberase levar o cabelo apartado das orellas.

Observacións:

(1) O ALUMNADO CUNHA ÁREA OU MATERIA PENDENTE DE UN CURSO ANTERIOR FARÁ AMBOS EXAMES NA MESMA CONVOCATORIA. SUMARÁSELLES O TEMPO CORRESPONDENTE AO NÚMERO DE EXAMES A REALIZAR.
(2) Cando aparece MATEMÁTICAS, refírese a MATEMÁTICAS ACADÉMICAS E MATEMÁTICAS APLICADAS (3º e 4º da ESO) ou a MATEMÁTICAS I E MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS I (1º de Bacharelato)

LIBROS DE TEXTO 2021 - 2022

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

 

OBSERVACIÓNS:

  • INGLÉS: NON HABERÁ WORBOOK PARA NINGÚN CURSO.
  • LINGUA GALEGA E LITERATURA: NON HABERÁ LIBRO DE TEXTO PARA 2º DE ESO. PARA 1º DE ESO RECOMÉNDASE AGARDAR A INSTRUCIÓNS DO PROFESORADO UNHA VEZ COMEZADO O CURSO.

LIBROS DE EMPRÉSTITO

En 1º e 2º de ESO, por ser centro E-Dixgal, non temos dereito ao fondo de libros da Consellería. Dado que dispoñemos de libros de anos anteriores, repartiranse en función das exixtencias coas seguintes premisas:

  • Se hai libros suficientes, repartiranse a todo o alumnado.
  • Se non hai libros suficientes distribuiranse entre o alumnado que teña dereito a cheque de material.
  • Se inda así non hai suficientes para estes, empezaranse a distribuír polo alumnado que teña por inicial do primerio apelido a letra H.

INFORMACIÓN PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO ANO 2021-22 E OUTRAS INSTRUCIÓNS

Pinchando na imaxe accede á documentación que se precisa para a formalización da matrícula e outras instrucións.

 

O ALUMNADO QUE REPITA 2º DE BACHARELATO VIRÁ RECOLLER A DOCUMENTACIÓN ATA O 7 DE XULLO E FORMALIZARÁ A MATRÍCULA ATA O 9 DE XULLO.

 

 

ENTREGA DE NOTAS E SOBRE DE MATRÍCULA

O boletín de notas será entregado o vindeiro venres 25 de xuño, ás 11:00 na aula de cada grupo.

Nese momento o alumnado que aprobase todo, recibirá o sobre de matrícula con toda a información necesaria e o consello orientador.

Distribuir contido


by Dr. Radut