Skip to Content

TÍTULOS DA ESO PROMOCIÓN 2020-2021

O Alumnado que cursou 4º da ESO no curso 2020 - 2021 e acadou a titulación, pode pasar a recoller o título pola administración do edificio principal do IES Rego de Trabe.

III Xornadas de Orientación Académica e Profesional

O Departamento de Orientación do IES Rego de Trabe organiza as súas III Xornadas de Orientación Académica e Profesional. Nesta ocasión organizámola en colaboración co IES Eduardo Blanco Amor o que permitirá ás familias asistir en horario de 9:00 a 13:00 no RDT e de 18:00 a 19:00 no EBA.
Contamos con 28 stands informativos sobre Universidades públicas e privadas, Centros Integrados de Formación Profesional, Escolas de Arte, Corpos de Seguridade (forzas armadas, bombeiros, policía nacional...), etc.

VISITA A INNOVART

Os nosos alumnos e alumnas de Música de 4º da ESO e 1º Bach, asistiron este venres 14 de abril a InnovArt 2023 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Alí desfrutaron de diversos obradoiros e cocertos de música e danza, para coñecer así o potencial das ensinanzas artístias, de idiomas e deportivas. Foi unha experiencia marabillosa!

MAIS FOTOS AQUÍ

Os nosos equipos de Carreiras de Orientación a Pé clasificados para o Campionato Galego!!!

O pasado 29 de marzo, tras terse clasificado na Fase Intercomarcal, 17 xogadoras e 10 xogadores competiron no Campionato Provincial de Carreiras de Orientación a Pé celebrado no Campamento Xuvenil de Virxe de Loreto en Porto do Son. 
A paisaxe da contorna e as condicións climatolóxicas foron as ideais para esta actividade e todos desfrutamos moito!
En canto aos resultados foron fantásticos!
Brais Vázquez acadou un quinto posto e clasificouse de xeito individual para o Campionato Galego. E tanto o equipo feminino como o equipo masculino acadaron un terceiro posto e se clasificaron para o Campionato Galego!

 

Parabéns a todos os participantes e moita sorte no Campionato Galego Escolar de Orientación a Pé que se celebrará en Ourense o vindeiro 6 de maio!

BECAS PARA ESTUDANTES QUE NO 2023-24 CURSEN DE BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL OU GRAOS UNIVERSITARIOS

Remitimos o extracto da convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2023-2024,  publicado no BOE o 17 de marzo: Extracto de la Resolución de 15 de marzo de 2023, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2023-2024, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios”

 

Na referida convocatoria establecese o prazo de solicitude tanto para alumnos que se encontren cursando ensinanzas universitarias como para os que se encontren cursando ensinanzas postobligatorias e superiores non universitarias. O prazo de solicitude será do 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023  ambos inclusive.

 

Resumo das instrucións

DATAS AVALIACION EXTRAORDINARIA ESA

 

LUNS 17 DE ABRIL MARTES 18 ABRIL MÉRCORES 19 DE ABRIL XOVES 20 DE ABRIL

Amb. Científico

9:20-11:00

Amb. Comunicación

9:20-11:'0

   
     

Xunta Avaliacion

11:00

Amb. Social 

11:30 - 13:10

 

Ingles

12:20 - 13:10

 

Ruta en BBT pola ría do Burgo e o río Mero

O luns día 27 pola mañá, 15 alumnos de Ciencias Aplicadas de 4º de ESO realizaron unha ruta de 25 km en bicicleta de montaña dende o IES ata o encoro de Cecebre, seguindo o fermoso paseo da ría do Burgo e do río Mero. A actividade foi organizada polos departamentos de EF do IES Rego de Trabe e do CIFP Universidade Laboral e levouse a cabo con bicicletas pertencentes ao Ciclo Medio de Guía no medio natural e de tempo libre, contando coa colaboración de profesorado e alumnado do devandito Ciclo Medio.
Agredecemos a súa colaboración!!!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MÓBILES USADOS "MOVILizate por la selva"

No CEIP Isaac Diaz Pardo un grupo de nenas e nenos estan facendo unha campaña de recollida de móbiles usados co obxectivo de axudar a salvar a selva africana.

Na entrada do noso centro hai unha caixa para que ata mediados de abril o poidamos colaborar traendo eses móbiles que temos sen uso por ai perdidos nun caixón.

Para mais informacion podedes ver este video feito por alumnado do Isaac Diaz Pardo

VIDEO

Participación no Campionato Intercomarcal de Orientación

Dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva, o alumnado clasificado de 3º ESO e 4º ESO na fase local, participou o martes 21 de marzo no Campionato Intercomarcal de Carreiras de Orientación a Pé. 
Nunha xornada na que destacaron o esforzo e o xogo limpo, competiron 38 xogadores e xogadoras as e clasificamos para o Campionato Provincial a 27 competidores e competidoras. 
O Campionato Provincial será o vindeiro mércores, día 29 de marzo, en Porto do Son. 
Cabe destacar que Manuela Blanco, Antía Mosquera, Sabela Rubín e Brais Vázquez acadaron medalla!
Parabéns polos resultados!!!
Desexámosvos moita sorte!!!
Distribuir contido


by Dr. Radut