Skip to Content

O Rego de Trabe nas semifinais da Copa Colegial!!

Tras vencer en cuartos de final ao Liceo 52-35, nun vibrante partido xogado no pavillón do Sofía Casanova, co apoio que agradecemos da nosa afección, o equipo acadou o pase á semifinal, que se xogará contra Compañía de María.
 
Moita sorte neste enfrontamento, no que se repetirá o partido da final do ano pasado!!!
 

ÉXITOS DEPORTIVOS DE ALUMNADO DO NOSO INSTITUTO

Alicia Chamorro e Javier Picos, de 3º de ESO, acaban de recoller sendos recoñecementos aos seus esforzos nos deportes que practican:

 

       CAMPIONA DE EUROPA DE MUAY THAI         DE MENOS DE 16 ANOS E 50 kg DE PESO CAMPIÓN GALEGO DE 600 m, MARCA RÉCORD GALEGO

As súas seguintes citas serán no mundial de May Thai e o campionato de España de atletismo que se disputará o 25-26 de marzo en Expourense. Moita Sorte!!!

O Rego de Trabe nos cuartos de final da Copa Colexial

Tras gañar na precopa ao Obradoiro, o noso equipo de baloncesto masculino xogará os cuartos de final da Copa Colexial contra o Liceo!
Será o vindeiro mércores, 15 de marzo, ás 19 horas no pavillón do CEIP Sofía Casanova. 
Desexámosvos moita sorte!

 

VISITA A CIFP Universidade Laboral

O pasado 3 de marzo, o alumnado de 4ESO de Ciencias aplicadas do noso centro achegouse ao CIFP Universidade Laboral para coñecer as súas instalacións e talleres, así como para recibir información dos ciclos formativos que alí imparten. A súa orientadora e o profesorado das familias de Enerxía e Auga, Instalación e mantemento, Marítima-pesqueira ou de Actividades físicas e deportivas, amosáronnos en que consisten os seus ciclos e para que capacitan profesionalmente

ASISTENCIA DE ALUMNAS DO CENTRO AO OBRADOIRO MOTIVACIONAL SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

Onte, 1 de marzo, algunhas alumnas do IES Rego de TRabe e do IES Eduardo Blanco Amor asistiron a un obradoiro motivacional sobre novas tecnoloxías organizado pola Asociación Nacional Presencia Gitana  xunto co Concello para animar ás mulleres, en especial ás da comunidade xitana, a continuar formándose para ter maiores oportunidades e reducir a discriminación e a fenda de xénero dixital. Tivemos a grande sorte de poder conversar e escoitar a vivencia persoal de Gisela, unha moza xitana que estuda na Universidade da Coruña. 

 

 

TEATRO CLÁSICO

Os alumnos de primeiro de bacharelato acudiron hoxe o teatro para ver a obra "MEDEA"

VÍDEO DE ARANTZA PORTABALES

Tras a lectura do libro de Arantza Portabales, Beleza Vermella, o alumnado da ESA fixo chegar á autora por medio do seu profesor unha serie de preguntas para completar a experiencia. Arantza enviounos un vídeo no que se apoia nas impresións que recibiu para afondar nas ideas que pretendía transmitir. 

VISITA DOS ALUMNOS DE 1º ESO AO AQUARIUM

Hoxe o noso alumnado de 1° ESO visitou o Aquarium Finisterrae.

 Hoxe o noso alumnado de 1° ESO visitou o Aquarium Finisterrae.

 

MÁIS FOTOS AQUI

O noso equipo de baloncesto debuta na Copa Colegial

14 xogadores do RDT comezarán mañá, día 15 de febreiro, a súa andaina na Copa Colegial de baloncesto, un torneo no que levamos participando dende o 2018.

Desexámoslles moita sorte!!!

 

PRESENTACIÓN DO SEGUNDO CUADRIMESTRE DA ESA

PRESENTACIÓN CLASES 2° CUADRIMESTRE MÓDULO IV

LUNS 13 DE FEBREIRO ÁS 12:00 horas 

Edificio Ás Mariñas

Distribuir contido


by Dr. Radut