Skip to Content

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO: VIAXE A PARÍS

O martes, 13 de decembro, ás 20:30h  haberá unha reunión informativa sobre a viaxe de estudos a París, onde se aclararán todas as dúbidas. 

Lugar: Salón de Actos do IES Rego de Trabe.

Atte, Vicedirección.

VIAXE DE ESTUDOS 1º DE BACHARELATO: PARÍS. DO 22 AO 27 DE MARZO DE 2023

Como resultado da sondaxe realizada, temos o proxecto da viaxe a París, do 22 ao 27 de marzo, elaborado pola empresa Kanvoy Viajes.

Para poder facer a reserva en firme da viaxe deben rexistrarse na ligazón co código REGOPARIS2023, onde os datos persoais que se solicitan serán os da persoa responsable do alumno ou da alumna (instrucións no PDF do proxecto da viaxe).

A reserva terá facerse efectiva ata o 20 de decembro, por un importe de 225€.

Atte. Vicedirección.

VIAXE DE ESTUDOS 4º DE ESO: BARCELONA, DO 16 AO 20 DE MARZO DE 2023

 

Documentos da viaxe:

Programa definitivo da viaxe

Instrucións finais

 

Teléfono para emerxencias: 659 930 426

 

 FOTOS DA VIAXE AQUI

 

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

Están publicados no taboleiro de entrada do edificio principal.

 

Grazas pola súa participación!

 

O equipo directivo.

DÍA NON LECTIVO: 5 DE DECEMBRO

O 5 de decembro de 2022 é non lectivo, polo que a vindeira semana so teremos clase o mércores e o venres.

Atte,

O equipo directivo.

AMPLIACIÓN DO HORARIO PARA A VOTACIÓN DOS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

LUNS 28 DE NOVEMBRO DE 9.00 A 14.00 E DE 16.00 A 19.00.

Atte.

A dirección.

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS

Un ano máis o IES Rego de Trabe será centro Trinity para a realización das probas de inglés que realizará o alumnado de 2º de Bacharelato que solicitou a axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

As probas terán lugar:

  • Writing e Readding: o 19 de decembro, ás 10.00 horas.
  • Speaking e Listening: o 21 de decembro, en horario de tarde.

Atte, a xefa do departamento de inglés.

Normas de Organización e Funcionamento (NOF)

Texto completo das NOF  aprobado polo Consello Escolar o  4 de decembro de 2023

 

25 DE ABRIL, DIA DA LIBERDADE

O alunado de 1ª Língua Estrangeira: Português do IES Rego de Trabe gravou esta declamação do poema "E foi assim...", de Rosarinho, para comemorar o 25 de Abril, Dia da Liberdade. Pois é! Foi no dia 25 de Abril de 1974 que o povo português pôs fim a uma ditadura de mais de 40 anos. Viva o 25 de Abril! Viva a Liberdade!

Distribuir contido


by Dr. Radut