Skip to Content

Novas

SAÍDA A FRAGAS DO EUME

Por mor do mal tempo, a chegada ao instituto será sobre as 19.00 h

O alumnado do centro colabora na recollida de alimentos.

O alumnado do noso centro colaborou coa recollida de alimentos da Cruz Vermella.

 

Parabéns especialmente para as clases de 1ºC e 3º PMAR pola súa gran implicación.

 

1C alimentos

3PMAR

 

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Convócanse as eleccións para representantes de familias, alumnado, persoal docente e non docente.

No arquivo adxunto figura a información relacionada coa elección para os colectivos de alumnos e familias. A votación será o día luns, 28 de novembro.

Toda a información sobre prazos para presentar candidaturas, horario de votacións etc. aquí

PROXECTO E-DIXGAL

Na resolución provisional de centros admitidos no proxecto E-Dixgal, e o IES Rego de Trabe resultou seleccionado. Como consecuencia, o alumnado de 1º ESO non utilizará libros de texto nas áreas adscritas a ese proxecto, polo que non terá que mercar libros de texto de:

  • lingua castelá e literatura
  • xeografía e historia
  • relixión católica/valores éticos

CHEQUE PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Achéganse ligazóns a listaxes provisionais dos solicitantes do fondo solidario de libros de texto.

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE A ENTREGA DE CHEQUES PARA MATERIAL ESCOLAR:

  • quen teña suspendido algunha área, recibirá o cheque unha vez realizada a matrícula de setembro
  • é preciso ter devolto todos os libros obtidos en préstamo para o ano académico 2018-19, polo que en setembro se abrirá un novo prazo de devolución dos mesmos
  • quen teña dereito a un mínimo de 6 libros de texto, ten tamén dereito a cheque para adquisción de material escolar
  • quen teña dereito a cheque e teña formalizado a matrícula en xuño, xa pode pasar a recollelo no seguinte horario:
    • xullo: de 10.00h a 13.00h, de luns a venres, agás o venres 26 
    • agosto: a partir do luns 19, de luns a venres, de 10.00h a 13.00h

 

 

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS: CAMBIO DE HORA

Os boletíns de notas de xuño entregaranse o martes 25 ás 11.00 h.

O martes 25 de xuño poderá solicitarse revisión de exames ata as 14.00 h

O horario do resto dos días da última semana de xuño mantéñense sen cambios.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE FONDO DE LIBROS

O prazo para a devolución dos libros de texto obtidos en calidade de préstamo polo fondo de libros remata o venres 21 de xuño.

O alumnado que vaia sabendo que aprobou todas as áreas debería ilos entregando en conserxería, para axilizar o proceso de devolución.

SOLICITUDE DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E ACCESO AO FONDO SOLIDARIO DA XUNTA

Aberto o prazo para solicitude de axudas, que rematará o 21 de xuño. Vexa infomación completa.

As solicitudes presentaranse  empregando a aplicación informática "fondo de libros" 

De ter dificultades para facelo por esta vía, teñen un ordenador á súa disposición no instituto, onde se lles darán as indicacións que poidan precisar. 

Distribuir contido


by Dr. Radut