Skip to Content

EVENTOS

ANTÍA YÁÑEZ NO RDT

Este mes de novembro visitou unha vez máis o noso centro Antía Yañez para falar co alumnado de 4°ESO da súa obra Senlleiras, que é unha das lecturas deste curso, e da violencia de xénero.

Saíron na conversa outros temas interesantes e importantes, como a saúde mental; que a autora aborda na súa nova novela, Non penses nun elefante rosa; as mulleres escritoras...

Concurso de lemas gráficos 25N contra a violencia machista 2022

 

Pensa un lema para visibilizar e rexeitar a violencia contra as mulleres, o machismo ou os micromachismos, e dálle formato gráfico (letras con deseño gráfico, lettering, debuxo, colaxe...). Entrégao na Biblioteca ata o luns 21 de novembro. Os lemas serán expostos no instituto e os mellores terán premio.
Consulta as bases completas neste documento

 

PORTA GAÑADORA DO CONCURSO DE SAMAÍN

SAMAÍN 22

O xurado da comunidade educativa do  IES REGO DE TRABE OUTORGA o premio da MELLOR PORTA DECORADA á aula de:

2º ESO PMAR

 

Parabéns!!

E estas son as cabazas gañadoras do concurso, de: NAYARA, LARA E MARIO.

  CHIARA GRIFASSI e DANIELA CUERVO foron as gañadoras do Concurso de MICRORRELATOS de Samaín con estes textos:

 

Concurso de microrrelatos de medo 2022

A Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Rego de Trabe convocan un concurso de microrrelatos de medo dirixido a todo o alumnado da ESO, ESA e Bacharelato.

Os relatos, que deben ser orixinais, teñen que ter unha extensión máxima de 100 palabras, deben estar escritos en galego e débense entregar con pseudónimo na Biblioteca ata o luns 24 de outubro.

Hai dúas categorías, unha para alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO e outra para alumnado de 4º da ESO, da ESA e de Bacharelato.

Os mellores traballos de cada categoría levarán premio!

Podes consultar as bases completas no arquivo anexo, aquí.

 

O Club de Lingua na gala dos Premios #DígochoEu

Club-de-lingua-DigochoEu_Santiago-14-6-22

O alumnado do Club de Lingua do IES Rego de Trabe viaxou a Santiago de Compostela para participar, como finalista, na Gala dos Premios #DígochoEu, organizada pola TVG na Cidade da Cultura. Esta gala foi emitida en directo pola TVG e pode verse completa a través de Youtube aquí.

O guión para un vídeo do #DígochoEu ideado polo Club de Lingua foi seleccionado como un dos 10 mellores entre máis de 200 presentados e, por iso, foi gravado e difundido pola TVG, e foi recoñecido como finalista nestes premios. Nas diferentes redes (Tiktok, Instagram...) suma xa máis de 100.000 visualizacións.

Aproveitando a participación nesta gala, tamén visitaron o Museo do Pobo Galego, o Panteón de Galegos Ilustres, os tellados da Catedral, a alameda ou o campus universitario, ademais doutros espazos especiais da cidade.

#Desafío72h: 400 adolescentes de Culleredo asumen o reto de vivir tres días en galego

Desafío 72 h

Alumnado da ESO e do Bacharelato dos dous institutos de ensino secundario de Culleredo, o IES Eduardo Blanco Amor e o IES Rego de Trabe, participan simultaneamente no #Desafío72h, o reto de falar en galego durante tres días.

Un total de case 400 alumnas e alumnos decidiron, voluntariamente, participar a través da sinatura dun contrato de compromiso lingüístico, onde tiñan que elixir entre dous niveis: falar galego durante tres días no instituto ou falar galego durante tres días tanto dentro como fóra do instituto. A gran maioría escolleu a opción completa, chamada: Eu ❤ galego +. Nesta acción, impulsada polo Club de Lingua do Rego de Trabe, participan 200 alumnos/as do noso IES. O cumprimento do reto lévase a cabo os días 10, 11 e 12 de maio.

Información completa no arquivo anexo.

ESTREA DO ESCENARIO DAS MARIÑAS CO BALLET "ALICE"

     A semana pasada estivemos de estrea no IES Rego de Trabe. A biblioteca estreou o novo escenario con equipamento de luces, son e moitas posibilidades co espectáculo do ballet de Oleiros "Alice", dirixido polo bailarín Juan M. Hernández e un equipo de dez bailarinas na súa etapa final de formación. 
   O espectáculo, inspirado nas famosas obras "Alicia no País das Marabillas" e "Alicia a través do espello" e con música de Milladoiro,  sorprendeu positivamente ao noso alumnado de 1º de BAC e grupos de Música de 3º e 4º da ESO, que poucas veces asistiran ao ballet e descoñecían a actualidade e dinamismo que se poden atopar nestas representacións. 
     Houbo a posibilidade, ademais, de manter un coloquio co director e as bailarinas sobre a formación no ballet clásico, as súas esixencias e a montaxe de espectáculos deste estilo.
     Deixamos algunhas fotos á espera de que esta estrea sexa a primeira de moitos futuros espectáculos nos que poidamos acceder a manifestacións culturais e artísticas.
 
 
 

Abreviando... Qrtm8 e o d+ m=. O #DígochoEu do Rego de Trabe

Presentaron unha idea de guión aos premios #DígochoEu da TVG e foi seleccionada entre máis de 200 propostas para converterse en realidade e ser gravada. E aquí está agora o resultado deste traballo do Club de Lingua do IES Rego de Trabe en que participa alumnado de 1º de Bacharelato e que foi gravado no noso centro. No vídeo, sobre como acurtar palabras en galego de maneira creativa e orixinal, participan, ademais de Esther Estévez (presentadora e protagonista do #DígochoEu), Álex Castro, Ana García, Bismer Carrasco, Coral Menchero, Iria Cruz, Laura Celada, Laura López, María Pose e Miguel Rodríguez.

O vídeo foi emitido pola canle principal da TVG e, ademais de en Youtube, tamén se pode atopar nas redes sociais da TVG Instagram, Tiktok, Facebook ou Twitter, ou na canle g24.gal.

Gañadoras do Concurso de lemas gráficos contra a violencia machista

Gañadoras do Concurso de lemas gráficos contra a violencia machista

As gañadoras do Concurso de lemas gráficos contra a violencia machista 2021 foron:

  • Antía Riestra, de 1º de Bach. B, na categoría de Bacharelato e ESA.
  • Iria Costoya, de 4º A, na categoría de 3º e 4º da ESO.
  • Ainhoa García, de 2º B, na categoría de 1º e 2º da ESO.

A cada unha delas foilles entregado pola directora do IES un diploma e un vale para a compra de material cultural.

Desde a organización felicítase ás máis de 70 rapazas e rapaces que presentaron, individual ou en parella, máis de 50 lemas, e considérase que a actividade serviu para a necesaria reflexión sobre as violencias que, de distintas formas e por varios medios, sofren as mulleres e tamén para visibilizar o rexeitamento a esa violencia machista expresada de mil maneiras.

Pódense ver máis imaxes, os lemas presentados e máis información a través da conta de Instagram do IES: @regodetrabe

Concurso de lemas contra a violencia machista

Concurso de lemas contra a violencia machista 2021

Cos obxectivos de promover a reflexión sobre as violencias machistas a través da ideación de lemas que a denuncien e rexeiten, de visibilizar esa reflexión e o rexeitamento a calquera tipo de violencia contra as mulleres a través da exposición deses lemas e de, simultaneamente, fomentar o galego como lingua de uso público común, animamos a todo o alumnado a participar neste concurso de lemas gráficos contra a violencia machista.

Consulta aquí as bases completas (.pdf).

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o recreo do luns 22 de novembro, na biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut