Skip to Content

EVENTOS

TALLER DE MARCAPÁXINAS LED COS VAGALUMES

Estas propostas tan fermosas saíron do noso taller:

TRABALLOS CIENTÍFICOS SOBRE AS VACINAS

Dentro do proxecto "Resistindo á desinfodemia" no que estamos a participar, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato, realizou investigacións científicas sobre as vacinas. Podedes velas nos documentos adxuntos.

 

OBXECTIVO CONSEGUIDO

Como dicía Novoneyra: "A FORZA DO NOSO AMOR non pode ser inùtil".

ENCONTRO CON MARÍA SOLAR

O alumnado de 1° de bacharelato, participante no proxecto Resistindo a desinfodemia, asistiu a un encontro online con María Solar.

DÍA DE ROSALÍA

Actividades do día de Rosalía 2021

 

https://www.instagram.com/p/CPlAKoRCLFO/

CONCURSO ROSALÍA

Entrega do premio de traducións de Rosalía

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Dentro do proxecto "Resistindo á desinfodemia", no que traballamos de forma conxunta co EDLG da Compañía de María o tema das vacinas en 1° de bacharelato e 4° de ESO, creamos este póster de Isabel Zendal con fotos do alumnado participante:

BO NADAL PARA O REGO DE TRABE

Este é o debuxo gañador, cuxa autora é Suevia Casal de 1°G, co que queremos felicitarvos o Nadal.

MES DA CIENCIA EN GALEGO

O alumnado de 1 bach asistirá online a unha charla de NATALIA BARREIRO  sobre vacinas, organizada polo EDLG e relacionada coa lectura de Os nenos da varíola de María Solar.

 

O CLUB DE CIENCIAS participa co alumnado da ESO nas charlas ofertadas pola asociación IGACIENCIA:

 

Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas). Só a ciencia nos rescatará da pandemia. Día 16 de novembro de 12:45 a 14 h

 

Xacobo de Toro Vídeoprodución na educación. Proxecto XeoClip. Primeiros pasos para ser youtubeiro científico. Día 30 de 9:45 a 11:15

 

E visionando curtametraxes do Festival de cinema ambiental SUNCINE

Distribuir contido


by Dr. Radut