Skip to Content

EVENTOS

VISTA DE LEDICIA COSTAS

Grazas ao programa do MECD "Leer da vidas extra", visitou o noso centro para falar da súa obra a escritora viguesa Ledicia Costas. O alumnado, que xa lera algún dos seus libros, como: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta ou O corazón de Xúpiter, estivo moi interesado na exposición feita pola autora e fíxolle numerosas preguntas.

Se premes sobre a imaxe podes ver o vídeo coas imaxes da sesión e da posterior sinatura de exemplares.

 

XA VICHES A DECORACIÓN DE NADAL DA BIBLIOTECA?

O EDLG creo unha decoración ben vistosa para desexarvos boas festas e convidarvos á lectura en galego durante as vacacións de Nadal. Aquí tedes a algún/has das artífices coa súa obra:

25 N

O 25-N recibimos no centro aos representantes de Cultura do Concello de Culleredo para facer unha actividade na cal o alumnado escribiu frases contra a violencia de xénero. Aquí podedes ver algunhas:

Ademais, participamos con algunhas cartas no concurso do Concello de Lalín "Dillo a quen maltrata".

SAMAÍN

No Samaín o alumnado de PMAR e 4 ESO fixo unha lectura bilingüe galego- inglés de The Raven - O Corvo de Edgar Allan Poe a partir do libro de Urco editora. Podes escoitar o podcast da gravación premendo sobre a primeira imaxe:

O alumnado de PMAR decorou con caveiras, morcegos e cabazas a biblioteca para celebrar a lectura

dos gañadores do concurso de microrrelatos, que podedes ver aquí:

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2018

Durante o mes de novembro houbo actividades diversas:

No taboleiro de dinamización, recomendacións de webs de Ciencias en galego, que podes ver premendo AQUÍ

Na biblioteca expuxeron dicionarios de Xergas e Tecnolectos en galego

E, por último, recibimos a Elena González Ferreiro que nos ofreceu unha charla sobre o Big Bang para o alumnado de segundo ciclo e de Bacharelato.

TEATRO: "EROSKI PARAÍSO"

O alumnado de 4° da ESO e 1° de Bacharelato asistiu no Ágora á representación da obra de Chévere "Eroski Paraíso", organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña:

Premendo sobre a imaxe podes dascargar a ficha de traballo creada polo EDLG

M.J. PÉREZ NO IES REGO DE TRABE

O mes de setembro o alumnado puido asistir no centro a unha actividade de imaxe e música que formaba parte da campaña da Deputación da Coruña "O galego a miña lingu propia". Esta cantautora ofreceunos unha actuaciónnmusical con recomendacións creativas que espertou moito interese no alumnado:

Distribuir contido


by Dr. Radut