Skip to Content

EVENTOS

MAGOSTO

O día 30 de outubro celebramos o MAGOSTO no centro en colaboración coa ANPA.

Se queres saber máis sobre o magosto, as castañas, as cores do outono... pásate polo taboleiro de Dinamización.

NOVO CONCURSO DE RELATO E MICRORRELATO DE TERROR

Tras o éxito do ano pasado o EDLG e a Biblioteca volven convocar un concurso de historias de terror para o Samaín.

Este ano, como novidade, as vosas historias deberán estar inspiradas polos sons deste sonigrama que o equipo creou especialmente para a ocasión e que podedes escoitar no noso iVoox:

http://www.ivoox.com/42573773

Aquí tedes as bases, que podedes descargar premendo na imaxe correspondente:

MICRORRELATOS PARA PRIMEIRO CICLO:

RELATOS DE TERROR PARA 2º CICLO E BACHARELATO:

 

 

 

26.09.2019: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Conmemoramos o Día europeo das linguas con este mural realizado polo alumnado de 1°ESO:

26.09.2019: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Conmemoramos o Día europeo das linguas con este mural realizado polo alumnado de 1°ESO:

Xornada de clausura do Club de Lectura 2018-2019

O alumnado membro do Club de Lectura do RDT despediu este ano académico por todo o alto. Viron "O conto do cortador de bambú" mentres comían na Biblio. Realizaron un roteiro literario pola Coruña. Visitaron o antigo local de ensaio dos inicios do teatro galego na Praza de María Pita (sede do Conservatorio Nacional de Arte Galega). Puideron seleccionar libros para ler e mantiveron un encontro coas libreiras de Moito Conto, na Rúa San Andrés. Por último desfrutaron das súas novas adquisicións para próximas lecturas e un saboroso xeado.

Este ano compartiron boas ideas e bos momentos. Moitas grazas a este súper Club! 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Xornada clausura Club de Lectura 18/19

5 de xuño de 2019

FESTA E XOGOS POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

"Tiven unha infancia curiosa. Xogaba cos outros nenos ás bólas, á pelota, á pita cega, á estornela, ao zamanquiño, que se xogaba á perna coxa, á chica e á porquiña, que é unha especie de hóckey galego primitivo. A pelota e as palas eran de pau de toxo"  Antón Fraguas

Antón Fraguas dedicou á súa vida ao estudo das nosas festas e tradicións, por iso no RDT hoxe celebramos o Día das Letras Galegas cunha gran variedade de actividades e xogos para todo o alumnado. Dende unha proxección sobre Antón Fraguas, homenaxeado deste ano, un pasapalabra  e photocall co autor, pasando polos diversos xogos tradicionais como: a mariola, as chapas, o pano, saltar a comba, carreiras de sacos etc.

O peche da xornada foi de festa e correu da man do alumnado de 1º da ESO, que bailou para todo o centro pezas inspiradas na música tradicional galega. 

(Fai clic nas imaxes para acceder ás galerías)

Galería do evento

 Galería do Photocall con

Antón Fraguas

Activiades Día das Letras Galegas Photocall Antón Fraguas

MARCAPÁXINAS GAÑADOR

Aquí tedes o deseño gañador do concurso de marcapáxinas do EDLG que xiraba arredor da figura do homenaxeado das Letras Galegas este ano: Antón Fraguas Fraguas. A súa utora é Uxía Montero Torreiro de 2°C.

O xurado decidiu conceder tamén un accésit ao deseño de Victoria Martins Pereira de 3°B.

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Podes descargar tamén a plantilla para o concurso no arquivo anexo.

SE EU FOSE UN LIBRO...

Interpretación do alumnado de 3ºB a partir da obra de José Jorge Letria:

Lucía Cardoso

Victoria Martins

 

Alejandro Sánchez

 

Abigail Barrul

 

Xeila Santomil

 

Olalla Gigirey

 

 

EXPOSICIÓNS NA BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Non vos perdades na Biblioteca a exposición dos libros artísticos realizados polo alumnado de plástica.

Xunto con estas pezas tan orixinais, estarán expostos tamén os libros que este ano nos dedicaron as autoras e autores que pasaron polo centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut