Skip to Content

Becas e axudas

Becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º Bach en EEUU ou Canadá (para alumnado de 4º ESO)

Becas para estudiar 1º Bacharelato en EEUU ou en Canadá durante o curso 2019-2020.

Prazo de presentación: do 24 de setembro ao 30 outubro 2018

Toda a información en 

https://becas.faortega.org/

Becas e axudas do Ministerio de Educación

Está aberto o prazo para a solicitude de becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2019-2020 destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo e para estudar Bacharelato.

Prazos para presentar a solicitudes:

  • Alumnado con necesidade específica de apoio educativo: do 28 de xullo de 2019 ao 26 de setembro de 2019.
  • Bacharelato: do 1 de agosto de 2019 ao 1 de outubro de 2019.

Información nos seguintes enlaces:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/estudios-no-universitarios.html

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019

Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de agosto ao 20 setembro 2019.

Vid información no enlace á ORDE do 26 de xuño de 2019

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019

Na Orde do 20 febreiro de 2019 convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

ABERTA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No DOG nº 96 do 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

Acceso a impreso de solicitude.

Prazo de solicitude: dende 23 de maio 2017 ata o 23 xuño 2017 (ambos incluídos).

Renda: refírese á de 2015 (casiña 380+395 para os que presentaron Declaración; certificado tributario de imputación do 2015 para os que non teñen obriga de presentala)

Solicitude e documentación: vid. páxina 24636 DOG e seguintes.

NOTA: A falta de devolución dos libros de texto e material reutilizable adquiridos coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/17 será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18.

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut