Skip to Content

Secretaría

2ª entrega de mascarillas ao alumnado beneficiario

Hoxe día  2 febreiro entregouse ao alumnado beneficiario desta axuda o segundo pack de mascarillas, que durarán os meses de febreiro e marzo.

AVALIACIÓN INICIAL ESA E COMEZO DO 2º CUADRIMESTRE

EVENTO EXAME ÁMB. CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO EX. INGLÉS EX. ÁMB. SOCIAL EX. ÁMB DE COMUNICACIÓN
DÍA LUNS 8 DE FEBREIRO MARTES 9 DE FEBREIRO MARTES 9 DE FEBREIRO MÉRORES 10 DE FEBREIRO
HORA 9.20 h-11.00 h 9.20 h- 10.10 h 10.10 h-11.00 h 9.20 h-11.00 h
LUGAR DESDOBRES 1 E 2 DO EDIFICIO MARIÑAS
  • ENTREGA CUALIFICACIÓNS DO PRIMEIRO CUADRIMESTRE: VENRES 12 DE FEBREIRO ÁS 9.20 h
  • PRESENTACIÓN DO SEGUNDO CUADRIMESTRE: VENRES 12 ÁS 9:30 h
  • ENTREGA PENDENTE DA DOCUMENTACIÓN DA MATRÍCULA: VENRES 12 h

 

Na ligazón pode acceder ás unidades didácticas dos diferentes ámbitos de módulos da ESA, publicados pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades.

Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos do procedemento de entrega de máscaras

Pódese presentar reclamación a esta Resolución ata o venres día 4 de decembro incluído

Distribución máscaras (alumnado primaria, secundaria obrigatoria, educación especial). Procedemento de solicitude

Acceso á Orde do 6 de novembro (DOB 13 novembro) que regula criterios e procedemento de distribución de máscaras

 

Prazo de solicitude: ata 27 novembro

Lugar de presentación solicitudes: Administración do centro

Impresos de solicitude

 

NOTA: están exentos de presentar solicitude os beneficiarios de axudas para adquirir material escolar no curso 2020-2021 (xa se lles entregan sen facer trámite)

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS

Desde o día 9 de xullo están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Fondo de Libros.

Poden consultarse no taboleiro da entrada ao vestíbulo.

Continuación do confinamento despois das vacacións de Semana Santa

Extracto do comunicado do día 13 de abril de 2020 da Consellería de Educación:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave.

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

 

Becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º Bach en EEUU ou Canadá (para alumnado de 4º ESO)

Becas para estudiar 1º Bacharelato en EEUU ou en Canadá durante o curso 2019-2020.

Prazo de presentación: do 24 de setembro ao 30 outubro 2018

Toda a información en 

https://becas.faortega.org/

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDOLIBROS

Infórmase ás familias de que os libros de texto do Fondolibros de 1º e 2º e 3º e 41 de ESO xa foron entregados e están xa en poder dos alumnos.

 O alumnado de 4º que chegou doutros centros ou que se matriculou fóra de prazo recibirá  cando os proveedores surtan o material pedido 

XORNADA DE ACOLLIDA A FAMILIAS DO ALUMNADO CURSO 2018-2019

O luns 1 de outubro ás 18:15 horas levarase a cabo a Xornada de Acollida.

 As familias do alumnado de 1º ESO serán recibidas ás 18:15 horas no Salón de Actos  polo Equipo Directivo que lles dará conta dos asuntos máis relevantes relacionados co curso que acaba de comezar.

 A continuación, as nais/pais/titores dirixiranse co titor/a do grupo ao que pertence o alumno/a á aula correspondente.

Os responsables do alumnado de 2º, 3º e 4º e 1º Bach subirán directamente á aula do grupo ao que pertence o alumno/a, onde estará esperando o seu titor/a.

Nas Xornadas de acollida só se tratarán temas de interese xeral. Se algunha familia quere falar de asuntos particulares, deberá solicitar ao titor/a unha cita.

Distribuir contido


by Dr. Radut