Skip to Content

Secretaría

INFORMACIÓN MATRÍCULA 2017-2018

PRAZO DE MATRÍCULA

O alumnado admitido para o vindeiro curso 2017/2018 que aprobara todas as materias en xuño deberá formalizar a matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo, en horario de 10:00 h a 13:00 h.

Para axilizar o trámite e evitar esperas, as datas preferentes de matrícula segundo o curso serán as seguintes:

 

1º ESO: 4, 5, 6 e 7 xullo.

2º ESO: 26, 27, 28 xuño.

3º E 4º ESO:  29, 30 xuño e 3 xullo.

 

 

 

CALENDARIO DE FIN DE CURSO (XUÑO 2017)

23 xuño ás 13:20 h: Entrega de boletíns de cualificacións. Quen teña todo aprobado recibirá xunto co boletín, o Consello orientador.

AS CUALIFICACIÓNS SERÁN ACCESIBLES EN ABALAR DESDE AS 14:00 H. DO DÍA 23.

26 e 27 de xuño, de 10:00 a 13:00 h: o alumnado e familias poderán solicitar persoalmente revisión e/ou aclaracións  sobre a cualificación de cada materia ao profesor respectivo. De non estar de acordo coa nota, poderán presentar reclamación por escrito, cubrindo un formulario que se ofrece en Administración.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-2018

Listaxe provisional 1º ESO

Listaxe provisional 2º ESO

Listaxe provisional 3º ESO

Listaxe provisional 4º ESO

NOTA IMPORTANTE: ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN PARA BAREMAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Recórdase que como será necesario baremar as solicitudes de admisión, as persoas interesadas deberán achegar a documentación necesaria antes do día 6 de abril.

 

REUNIÓN INFORMATIVA PARA FAMILIAS DE ALUMNADO QUE ESTÁ CURSANDO ACTUALMENTE 6º DE PRIMARIA

Convócase ás familias do alumnado que cursa actualmente 6º de EP no CEIP Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo e CEIP Tarrío, e que ingresarán no IES Rego de Trabe o curso 2017-2018, a unha reunión informativa con membros do equipo directivo.

Día: Luns, 27 marzo

Hora: 18:30

Lugar: salón de actos do instituto.

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA PARA FAMILIAS DE ALUMNOS QUE ESTÁN CURSANDO 3º ESO

Tal e como figura na circular que  se entregou aos interesados, convócase ás familias do alumnado que está cursando actualmente 3º de ESO a unha reunión informativa sobre itinerarios e oferta de optativas para o vindeiro curso

Día. Luns, 27 de marzo.

Hora: 17:30

Lugar: salón de actos do instituto

 

2ª SEMANA DE REPARTO GRATUITO DE FROITA NO 1º RECREO!!!

Como xa se avisou anteriormente, o IES Rego de Trabe participa na actividade de fomento do consumo saudable, promovida polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), organismo da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza.

Repartirase gratuítamente unha peza de froita a cada alumno no primeriro recreo como xa se fixo na semana do 23 ao 29 de xaneiro e do 20 ao 26 de febreiro,  os cinco días da seguinte semana:

 

 

REPRESENTANTES ELECTOS PARA O CONSELLO ESCOLAR PROCLAMADOS POLA XUNTA ELECTORAL

O día 29 de novembro a xunta electoral do IES Rego de Trabe proclamou aos representantes electos para o consello escolar.

Pódese consultar a listaxe aquí

RESULTADO DA VOTACIÓN PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE FAMILIAS NO CONSELLO ESCOLAR

O resultado do escrutinio da votación levada a cabo o día 28 de novembro para a elección de representantes de familias no consello escolar é o seguinte:

 

Dª LOURDES JIMÉNEZ GALÁN....................19 VOTOS

Dª NURIA CARBALLEDA FEIJOÓ.................13 VOTOS

Ambas persoas formarán parte do novo Consello escolar.

Pódese consultar a acta no arquivo adxunto.

 

O que se fai constar para información da comunidade escolar.

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut