Skip to Content

BUSCAMOS NOME PARA O CENTRO!

Imos poñerlle un nome ao noso instituto.

Toda a comunidade escolar (alumnado, familias, persoal do centro) pode facer as propostas que desexe ata o día 29 de abril, cubrindo un sinxelo impreso que se facilita na conserxería e depositándoo no buzón de suxerencias que está no corredor de dirección.

O día 2 de maio publicaranse a listaxe das propostas presentadas.

O día 9 de maio farase a elección, e a máis votada será presentada ao Consello Escolar, que deberá decidir e remitir o nome para que sexa aprobado, se procede, pola Consellería de Educación e O.U.

 

 

Anímate e participa!



page | by Dr. Radut