Skip to Content

Biblioteca

Actividades da II Semana Temática

Onte celebramos outra xornada de actividades culturais no IES Praia Barraña de Boiro, no marco do II Proxecto de Biblioteca de Centro, na Semana das Tradicións e Costumes.
Visitounos Uxía, unha oleira que nos ensinou o manexo do torno de alfarería, que nos engaiolou a todos, en especial aos rapaces e rapazas que foron quen de tornear algunha peciña de arxila. Foi unha xornada moi distendida e sobre todo aprenderon a valorar o traballo artesán e tiñeron a satisfacción de realizar utensilios por si mesmos.

Ao longo da semana exaltamos o valor do propio, a importancia da tradición, dos costumes, da lingua,… como conformadores da nosa identidade. Valorando o noso poderemos valorar o alleo.

 Hoxe en diferentes espazos do centro, o alumnado dispuso mesas temáticas que reflectían as tradicións culturais e gastronómicas de diversos países anglófonos, como a India, os Estados Unidos e o Reino Unido.

 

Mañá pecharemos os actos desta segunda Semana Temática cunha exhibición de baile tradicional por parte de alumnado de segundo de bacharelato.


Presentación do II Proxecto de Biblioteca de Centro

Ola Boirotek@s!!

Presentámosvos o cartel do II Proxecto da Biblioteca de Centro, que ten como protagonistas as tradicións e costumes, que serán tratadas de forma transversal nas diferentes materias.

Nas próximas semanas a Biblioteca exporá as distintas actividades relacionadas co proxecto, elaboradas nos diferentes departamentos didácticos por todos vós.

 

 

Accedede á Biblioteca AQUÍ

Entroido 2015

A Biblioteca e @s alumn@s de 2ºBach D ofrécenvos o Photocall do pasado Entroido 2015 no IES Praia Barraña.

https://plus.google.com/photos/101012797961363624579/albums/6118042646980456753
Preme na foto para acceder á galería
 
 
Fotos por Pascual Vidal.

Entrega de Premios do Concurso de Cartas de Amor 2015

O pasado xoves, no segundo recreo, demos a coñecer aos gañadores do Concurso de Cartas de Amor!

A biblioteca estaba ateigada e non cabía ninguén máis, a xente estaba nerviosa e expectante por saber se a súa carta era a gañadora.

Estes foron os que se fixeron co ansiado premio:

- Alba Castro Vidal, de 1º ESO B, conquistounos coa súa carta chea de amor e sentimento.

- Sergio Piñeiro Bermúdez regalou os nosos corazóns cunhas liñas que lograron emocionarnos e acadou o premio do segundo ciclo da ESO.

- Juan Pérez Santamaría de 2º Bach D namorounos cunha preciosa epístola, facéndose co galardón destinado aos bachareles.

Este ano tivemos un premio especial para unha carta que nos sorprendeu enormemente escrita por Solagne, a profesora de Francés.

Pero foron moitas as cartas que quedaron sen premio e merecen unha mención especial, como a de Manuel Núñez Nieto, que escribe á súa amada desde Palestina, a de Lois Pimentel Iglesias, cunha emotiva carta de amor á lingua, á nai, a de Marta Folgar Martínez,... que tendes que ler.

Coa Biblioteca chea de simbólicos corazóns que colgaban do teito e se balanceaban levemente coa tenue brisa que levantaban as ás de Cupido, poemas de amor engalanando as paredes, os asistentes disfrutaron das larpeiradas propias do Entroido, feitas na casa polas amables mans de Ánder, Sara e Carme de 2ª Bach D, os cales puxeron a nota doce á entrega de premios.

Esperamos que vos gustase a iniciativa e disfrutade das fotos do evento, que podedes ver AQUÍ.

Concurso de cartas de amor

Ola.
Xa se aproxima o día dos namorados e a vosa Biblioteca comenza a arrecender a pétalos de rosa.

Convocamos o CONCURSO DE CARTAS DE AMOR coas seguintes bases:

- Pode participar calquera persoa que pertenza á comunidade educativa do IES Praia Barraña de Boiro.
- Escribe unha carta de amor e deposítaa na caixa de correos que atoparás na Biblioteca.
- O prazo de entrega remata o día 6 de febreiro.
- A tres mellores cartas serán premiadas.

Respirade a fondo para osixenar as bolboretas do estómago, calmar a patata e baixar a bilirrubina e poñédevos mans á obra!

E para inspirarvos velaí unha bonita canción de amor.
Lela de Castelao, intepretada por Dulce Pontes.

Love is in the air.

Gañadores dos concursos do outono

 

Velaí os gañadores dos concursos do outono:

 

Na modalidade de relatos curtos de terror:

-Delia López Fernández (1º ESO A) co relato A muñeca encantada.

 

-Marta Folgar Martínez (3º ESO B) co relato O fogar dos mortos.

 

-Lois Pimentel Iglesias (2º Bach C) con Mais eles nondeben falar...

 

Na categoría de fotos de medo os gañadores son:

-Lidia Brión Río, Noelia Tubío Pérez e Alba Sieira Betal (3º ESO B)

 

 

 

 

-Sergio Dieste Ballesteros (2º Bach D)

 

Na decoración de cabazas os premios foron para:

-Denisse Sieira Pérez, Javier García del Río e Manuel Piñeiro González da Aula Específica.

-Ángel Paz Novo (1º ESO B)

 

 

 

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación.

 

 

Entroido 2014: Fotos

O pasado 28 de febreiro tivo lugar no noso centro a festa do Entroido. Tivemos concurso de disfraces, DJs, un "Photo Call" organizado pola Biblioteca, concerto en directo dos grupos musicais que temos no noso instituto e larpeiradas, filloas, orellas... que os alumnos de 4º ESO elaboraron para costear a súa excursión de fin de estudos a Roma. 

entroido2014

Se queredes disfrutar das máis de 600 fotos realizadas por Pascual para o blogue da Biblioteca premede na foto ou aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut