Skip to Content

Biblioteca

Concursos de Medo polo Samaín e fotos

 

O pasado Venres 8 de novembro se fixo entrega dos premios aos gañadores dos concursos de relatos e fotos de medo, e decoración de cabazas polo Samaín. A entrega fíxose no segundo recreo nesta, a vosa biblioteca, coa presenza do equipo de biblioteca.

O Gañador da foto de medo foi Luis Miguel Ramos Silva de 2º Bach D

Luis Miguel Ramos Silva
A foto gañadora

Os gañadores dos relatos de medo foron Carla Saborido Pérez de 1ºESO B co relato "No solpor dun día de loito" e Erik Vázquez Muñiz de 2º Bach D con "O Samaín"

Erik Vázquez Muñiz

 

Carla Saborido Pérez

E finalmente os premios ás máis arrepiantes cabazas recaíron en Paula Treus Redondo, Mónica Tubío Viturro e Alex Silva Sampedro de Educación Especial.

Paula Treus Redondo, Mónica Tubío Viturro e Alex Silva Sampedro

 

 

 

 

 

As fotos de medo puideronse ver expostas nun taboleiro na entrada do Centro, podes morrerte de terror VÉNDOAS AQUÍ

A biblioteca invadida polo Samaín

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VI Proxecto de Biblioteca de Centro: DIVERSIDADES

Ola.

 

Hoxe inauguramos o VI Proxecto de Biblioteca de Centro, tamén chamado "Semana Temática", que encherá de actividades os nosos corredores e espazos dende o 8 ata o 12 deste mes de abril.

O tema xira en torno ás problematicas que xurden na convivencia entre as persoas ao padecer discriminación dalgún tipo.

Enarbolamos a bandeira do feminismo e loitaremos pola igualdade, axudando a visibilizar a autoras e mulleres de importancia, denunciaremos o machismo e a violencia e abriremos un espazo de expresión, reflexión e denuncia sobre as desigualdades.

Benvidas, benvidos, imos a celebrar as DIVERSIDADES.

DÍA 8.

Poderedes atopar todo tipo de traballos escritos nos diferentes corredores do centro, na biblioteca, no vestíbulo,...

A rapazada do segundo curso de bacharelato de artes vos convida a escoitar audios sobre a diversidade. Atoparedes os traballos de Alex Castro, Carlos Iglesias, Lucas Romero e Manuel Martínez.

Este mesmo grupo fixo unha serie de carteis centrados no evento, que vos amosarei a continuación e que atoparedes expostos no vestíbulo do centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LEO NO VERÁN

 

 

 

 

APADRIÑAMENTO LECTOR

 

O pasado 1 de xuño o alumnado de 2º da ESO apadriñaron lectores e lectoras de infantil, de 5 anos, no colexio Praia Xardín. Grandes e pequenos gozaron da lectura e pasaron unha hora moi divertida.

 

Esta actividade é o segundo curso que se realiza e consideramos a experiencia moi positiva. Dende a Biblioteca Escolar seguiremos traballando polo fomento da lectura e pola relación e comunicación con outras bibliotecas da contorna.

 

V Semana Temática. "Boiro"

No IES Praia Barraña celebramos estes días a nosa Semana Temática, que vai xa pola V edición.
 
As actividades parten dun proxecto da Biblioteca Escolar no que desde o distintos departamentos temáticos, o alumnado investiga arredor dun tema. Este ano centramos o foco de atención na investigación da vila de Boiro.
 
Os estudantes realizaron un traballo de investigación sobre os petroglifos, as igrexas e cruceiros, as profesións tradicionais da contorna, o relevo, as aldeas e lugares emblemáticos, o deporte, a literatura… así como estatísticas de temas do seu interese.
 

 

A inauguración tivo lugar o luns 16 cunha charla do historiador local Antón Rodríguez Gallardo: Achega á nosa historia a través da fotografía, na que os estudantes puideron comprobar como era a vila, as rúas e edificacións, o transporte e tamén o ocio e costumes dos boirenses nos anos vinte a sesenta do pasado século.
 
O martes 17, o alumnado de 1º e 2º de ESO fixeron unha andaina, guiados por alumnado de 2º de bacharelato, desde o instituto ao Castelo de Vitres e acompañados polo profesorado de Educación Física.
 
O día 18 visitou o centro o grupo de rock noise Agorafobia, que deleitou ao alumnado non só coa súa música senón tamén coa súa experiencia na difícil carreira musical. A antiga alumna do centro e cantante do grupo, Susana Saavedra, animou a todos a loitar polos seus soños e a crer no que cadaquén desexe ser.
 
Para o alumnado de Bacharelato de Artes, o técnico de cultura do Centro Social da vila, Alberto García, fomentou a creatividade dos futuros artistas locais e informou das canles para dar a coñecer os seus traballos.
A clausura da Semana tivo lugar o venres 20, coa celebración dunha feira deportiva, coa participación de todos os clubs deportivos da vila e coa actuación dos antigos alumnos do centro, Sabela King e Benxa, voz e guitarra do grupo The Lákazans, que namorou ao público co mellor soul da Barbanza.
 
Desexamos que estas experiencias aumenten en peso e importancia, pois temos comprobado que o traballo multidisciplinario é unha das mellores maneiras de avanzar nesta aventura pedagóxica. 

AQUÍ vos deixo unha ligazón á galería de fotos

O día dos Namorados

Xa está aquí o amor ocupando os nosos corazóns, e a Biblioteca desbordando o centro con actividades.

  • Non deixes de pasar polo muro do amor e escribir a túa mensaxe.
  •  Lembra, un doce agasallo agarda a quen complete os corazóns antes. Tendes que resolver o puzzle atopando o anaco que falta e entregalo na Biblioteca.
  • Igualmente, quen completae os poemas ciscados polo centro, terá outro agasallo.
  • Fai fotos no photocall e compárteas co hashtag #barrañamor . A foto máis romántica terá tamén un agasallo.

Coñeces a orixe de San Valentín?

Distribuir contido


by Dr. Radut