Skip to Content

Biblioteca

Recomendacións Lectoras para o Verán

 Agora que rematan as clases e o Astro Rei comeza a deleitarnos co seu caluroso agarimo, dende a vosa biblioteca vos facemos esta serie de recomendacións lectoras que mesturan banda deseñada, ficción, ensaios y todo tipo de contidos ideais para ler tumbados ao carón dun vaso de zume ben fresco.

 

 

Nadal no IES Praia Barraña

Rematamos este primeiro trimestre celebrando a entrada do inverno e a chegada das festas de Nadal. Para isto dende o equipo de Barraña enreda organizamos algunhas actividades:

- Mercado solidario de libros de 2ª man, doados pola comunidade educativa. A recadación (210 euros) foi xa entregada á Cruz Vermella de Boiro para o seu programa de inclusión.

- Concurso de tarxetas de Nadal. O gañador, Yago F., de 1º ESO, foi premiado cun cheque-agasallo de 25 euros que poderá gastar nunha libraría papelería local.

- Decoración e concurso "Aulas de inverno": decoramos a planta baixa coa axuda dos adornos que nos agasallaron os usuarios do Centro de Día de Boiro, e convocamos un concurso de decoración das aulas. É unha pena que non contásemos con máis participación, pero agradecemos o esforzo de quen si o fixo. Os gañadores foron os alumnos e alumnas de 1º ESO A, que desfrutaron dunha merenda na nosa cafetaría o úlimo día de clase. 

- Recomendacións lectoras da Boiroteca para todas as idades.

- Entrega de estrelas e tarxetas de Nadal ao Centro de Día de Boiro, elaboradas por alumnado do centro.

- Instalación da nosa árbore dos desexos, realizada polo departamento de educación plástica e visual coa colaboración de alumnado.

Agardamos que vos gustasen as iniciativas e que vos animades a participar nas que xa estamos argallando. Barraña non enreda so, necesita de todos e todas.

 

25N. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 

 

Como cada ano este 25 de novembro conmemorouse o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. A cifra oficial de mulleres asasinadas no noso país neste ano é de 37, pero non podemos olvidar que esta cifra só reflicte as mulleres asasinadas polas súas parellas e exparellas, non aos nenos e nenas vítimas da violencia vicaria, prostitutas, mulleres asasinadas por outros familiares ou descoñecidos polo feito de consideralas vítimas "fáciles" ou máis vulnerables... Nós quixemos darlle presencia a todas elas no noso muro das vítimas, no corredor da planta baixa, onde ademais o alumnado deixou as súas frases en contra da violencia machista. 

Comezamos a semana colocando na entrada do centro unha impresión da Eva de Durero rodeada de mazás, o símbolo da culpa e o pecado que arrastran as mulleres dende a orixe dos tempos. O xoves 25 a entrada do IES rendiu homenaxe á obra da artista mexicana Elina Chauvet "Zapatos rojos", que ela creou no ano 2009, inspirada polo asasinato da súa irmá a mans do seu home e polos múltiples feminicidios perpetrados en Ciudad Juárez. A propia Elina dixo nunha entrevista sobre a súa obra, que se convertiu cos anos nunha forma de denuncia da violencia contra a muller en cidades de todo o mundo: Zapatos vermellos é unha instalación colectiva de Arte Pública, Unha chamada á conciencia, a solidarizarnos ante unha situación de violencia cara as mulleres do mundo, unha preocupación pola morte de mulleres, nenas e novas que continúan desaparecendo e sendo asasinadas ante a mirada indiferente das autoridades. Esta peza ten os seus inicios en Ciudad Juárez, (Chihuahua México) o 22 de agosto do 2009 Como unha marcha de 33 mulleres ausentes, ao seu camiñar fóronse sumando cada vez máis pasos solidarios que visibilizan a ausencia e a dor que isto provoca nas nosas sociedades. «Zapatos vermellos” é unha memoria colectiva, unha evocación, un vacío, unha marcha silenciosa, é un anhelo, o regreso a casa dos nosos seres queridos."

Ao entrar no centro a primeira hora da mañá alumnado e profesorado atoparon en corredores e escaleiras unha morea de mulleres vestidas de negro cunha mazá vermella na man, inmóbiles, silenciosas, testigos mudas e recordo das mulleres que xa non están con nós co único motivo desa culpa/pecado coa que cargamos dende o berce.

Para rematar, no segundo recreo reunímonos no patio para sacar unha foto coa pancarta realizada polas alumnas colaboradoras do Equipo de Barraña Enreda, Belén e Miryam, que plasmaron o lema elixido neste ano polo equipo: Vivas, libres, iguais.

Moitas grazas a todas e todos os que colaboraron na posta en marcha destes pequenos xestos, sobre todo aos membros do equipo de Barraña Enreda, incluidas as nosas alumnas colaboradoras Belén e Miryam, ás profesoras e alumnas que adiantaron os seus espertadores para a intervención da mañán, e todos e todas as que seguimos pensando que a violencia contra as mulleres segue a ser un dos principais problemas da nosa sociedade e que a educación é clave para erradicalo.

 

Equipo de Dinamización Artística e Cultural do IES Praia Barraña: BARRAÑA ENREDA

 

Neste curso 2021/22 bota a andar o Equipo de Dinamización Artística e Cultural do IES Praia Barraña co nome de BARRAÑA ENREDA. Este equipo, formado pola Biblioteca Escolar, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua, o Equipo de Artes e a Vicedirección do centro non ten outro obxectivo que fomentar a participación da comunidade educativa en actividades e proxectos que nos leven máis alá da aula e nos vinculen á nosa contorna.

Para conseguilo, durante cada curso traballaremos na medida do posible sobre un eixo temático vertebrador, tanto nas festividades e conmemoracións educativas, coma nos diversos proxectos e programas que desenvolva o centro, sen olvidar o noso traballo diario dentro das aulas. Neste curso 2021/22 o noso Proxecto Documental Integrado chámase “Cidadáns do mundo”. Achegarémonos aos movementos migratorios, ás diferentes tipoloxías, causas, consecuencias, actitudes que espertan…. tratando de traballar a solidariedade, a empatía, o respecto aos dereitos humanos fundamentais e loitando contra condutas e actitudes xenófobas, racistas e/ou insolidarias. Nos próximos meses achegarémonos a estas realidades a través de charlas e traballo colaborativo con persoas que traballan ou que viviron en primeira persoa as realidades da migración, dos refuxiados, desplazados, exiliados, xornalistas que nos falarán do discurso de odio ou das fake news na prensa, investigaremos sobre outras culturas ou realidades que nos enriquecerán e nos axudarán a seguir crecendo, a través da literatura, a arte, a música, a historia, a ciencia… 

No final do curso, dedicaremos a Semana Temática a compartir as aprendizaxes e experiencias con toda a comunidade educativa. Agardamos que este sexa o comezo dunha andaina colaborativa, de traballo en equipo e acercamento do centro educativo á comunidade e á realidade da que forma parte.

Grazas adiantadas a todos e todas os que van compartir con nós esta aprendizaxe e van colaborar na súa construción.

Sigue ao IES Praia Barraña en Instagram: @barranaenreda, @boiroteca, @endl.ies.praiabarranha, @barranadeportiva.

Venres de Samaín e Día das Bibliotecas

O venres 29 de outubro o IES Praia Barraña estivo de celebración. O Equipo de Dinamización Artística e Cultural do noso centro (Barraña Enreda), formado pola Biblioteca escolar, o Equipo de Normalizacíon e Dinamización da Lingua Galega, o Equipo de Artes e a Vicedirección, organizou varios concursos para festexar o Samaín: relatos de terror, cabazas, e o X Certame de Fotos de Medo. Entregamos os premios no 2º recreo, e o xurado enfrentouse a escollas moi complicadas. Fixemos un pequeno recuncho do Samaín na planta baixa, que decoramos coa axuda do alumnado. Agradecemos a todo o alumnado e profesorado que participou e colaborou nesta celebración. Esperamos seguir contando coa vosa complicidade en vindeiras actividades!

Con motivo do Día das Bibliotecas, celebrado o pasado domingo 24 de outubro, tamén aproveitamos esta xornada festiva para inaugurar oficialmente o novo espazo da nosa Boiroteca, moito máis amplo e luminoso. Para esta inauguración contamos coa axuda da nosa profesora de Música, Mónica, e da alumna de 2º de Bacharelato Sandra Folgar, á que agradecemos que nos agasallase coa súa voz nun pequeno concerto celebrado no 1º recreo. Moitas grazas ás dúas!!

Concursos de Medo polo Samaín e fotos

 

O pasado Venres 8 de novembro se fixo entrega dos premios aos gañadores dos concursos de relatos e fotos de medo, e decoración de cabazas polo Samaín. A entrega fíxose no segundo recreo nesta, a vosa biblioteca, coa presenza do equipo de biblioteca.

O Gañador da foto de medo foi Luis Miguel Ramos Silva de 2º Bach D

Luis Miguel Ramos Silva
A foto gañadora

Os gañadores dos relatos de medo foron Carla Saborido Pérez de 1ºESO B co relato "No solpor dun día de loito" e Erik Vázquez Muñiz de 2º Bach D con "O Samaín"

Erik Vázquez Muñiz

 

Carla Saborido Pérez

E finalmente os premios ás máis arrepiantes cabazas recaíron en Paula Treus Redondo, Mónica Tubío Viturro e Alex Silva Sampedro de Educación Especial.

Paula Treus Redondo, Mónica Tubío Viturro e Alex Silva Sampedro

 

 

 

 

 

As fotos de medo puideronse ver expostas nun taboleiro na entrada do Centro, podes morrerte de terror VÉNDOAS AQUÍ

A biblioteca invadida polo Samaín

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Educación Boiro

by Dr. Radut