Skip to Content

Taboleiro

Calendario das probas extraordinarias de setembro

Nas ligazóns que figuran máis abaixo pódese acceder aos calendarios e horarios das probas extraordinarias de setembro. Como se indica nos propios documentos, hai que consultar as normas COVID de obrigado cumprimento nos días das probas.

FP Dual no IES Perdouro: estuda cobrando e remata con un posto de traballo

O IES Perdouro ofréceche a posibilidade de estudar un ciclo formativo:

  • Con seis meses de formación en empresa
  • Cobrando unha remuneración
  • De alta na Seguridade Social
  • Con unha maior probabilidade de obter un contrato de traballo ao finalizar
  • Sen requisitos de idade

Prazo de solicitude do 23 de xuño ao 5 de xullo (ata as 13 horas). Consulta a información sobre admisión en ciclos formativos no portal de FP.

Calendario Fin de curso


 

 

OFERTA EDUCATIVA


 

Campus de Verán XuvenCiencia -Lugo 2021-

Regresa o Campus de Verán XuvenCiencia cunha edición presencial que terá lugar en Lugo.

O obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía, así como coa contorna universitaria.

Xornada virtual de portas abertas na UDC: xoves 8 de abril

O vindeiro xoves 8 de abril, a Universidade da Coruña (UDC) celebra unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS para dar a coñecer ao Futuro Estudante a súa ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria.

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Manteranse vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama de Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:

Programa A Ponte da USC. Encontros Virtuais, 23, 24 e 25 de marzo

Os días 23, 24 e 25 de marzo, terán lugar os "Encontros Virtuais na zona USC" dirixidos ao estudantado de Ensino Medio.

UNIferia GRADOS 2021

Do 22 ao 24 de febreiro celebrarase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE, que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van impartir o vindeiro curso 2021-22.

Campaña de doazón de sangue

O Centro de Transfusión de Galicia organiza unha Campaña de doazón de sangue que terá lugar o mércores 3 de febreiro (de 10:30h a 13:30h) nos institutos de Burela. Unha unidade móbil estará instalada no aparcadoiro do IES Monte Castelo.

Uns técnicos do Centro de Transfusión virán informar ao alumnado maior de 18 anos polas clases o martes, día 2.

O alumnado que compre cos requisitos poderá participar de forma voluntaria na campaña de doazón de sangue. O médico poderá entregar un xustificante ao alumnado se llelo pide.

Máscaras de protección contra a Covid-19: publicada a listaxe DEFINITIVA de solicitudes

Desde o día 10 de decembro está publicada no taboleiro de anuncios do Instituto a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de ESO e de Educación Especial.

Durante a semana próxima iniciaremos a distribución das máscaras.

CiQUS: Xornada "virtual" de Portas Abertas 2020 - Sábado 28 de novembro

Estimados/as amigos/as,

 

O vindeiro sábado 28 de novembro, a Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebrará unha nova edición deCiencia Singular’, por primeira vez en liña.

 

Dende o CiQUS realizouse un esforzo por adaptar o programa presencial de edicións anteriores ao formato virtual, elaborando unha proposta de contidos ao redor das nosas áreas temáticas:

Solicitude de máscaras de protección contra a Covid-19 (alumnado de ESO e E.E.). Prazo ata o 27 de novembro

A Consellería de Educación establece os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, por medio da Orde do 6 de novembro de 2020.

Alumnado destinatario

Poderá recibir as máscaras o alumnado de ESO e educación especial que:

Presentación do curso 2020-2021

Coñecido o aprazamento do inicio do curso ata o día 23 de setembro, publicamos un novo calendario de presentacións.

Informarase ao alumnado dos grupos aos que pertence e das normas de acceso ao centro para as presentacións a través de Abalar Móbil.

A continuación indicamnos as datas e horas para os diferentes grupos:

Listaxe provisional de alumnado admitido en FP Básica (2020/2021)

Está publicada a listaxe provisional do alumnado admitido e excluído para o ciclo de FP Básica de Fabricación e Montaxe. Poden consultala no taboleiro de anuncios interior do instituto ou ben chamando ao centro (982 870102).

Período de reclamacións: días 15 e 16 de setembro

Publicación da listaxe definitiva: 17 de setembro

Matrícula:

Adiamento do inicio do curso escolar

Infórmase a alumnado e familias que se atrasa o inicio das clases para os días 23, 24 e 25 de setembro.

En breve publicaremos o horario das presentacións.

Máis info na web da Xunta.

Distribuir contido


by Dr. Radut