O IES Perdouro non dispón de servizo de transporte escolar oficial, ao non darse os requisitos de distancias dentro da súa área de influencia. Non obstante, existen transportes de liña regular ou discrecionais que se poden utilizar.
Alumnado de Burela:
Para o alumnado de Burela, a empresa Autos Morán ofrece un servizo privado de transporte tanto para a ida como para o retorno do instituto. Para solicitalo deben contactar directamente coa empresa (Tlfno: 982521208, móbil: 627673368, correo electrónico: moran@morangrupo.es)