Skip to Content

Xuño, comeza o mes do ORGULHO

Para continuar co fomento da igualdade, no IES Perdouro quixemos conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia. Para iso, elaboramos uns carteis, que colocamos nos diferentes pavillóns do instituto e, ademais, pedímoslles aos alumnos/as da ESO que redactasen uns lemas nos que expresasen o seu rexeitamento contra calquera actitude discriminatoria cara os colectivos de persoas homosexuais, transexuais e bisexuais. 

Os lemas gañadores foron os seguintes:
  • Que ninguén che impida querer! De Rubén Díaz Fraga (1º A ESO).
  • Respéctame tal e como son. De Laura Alonso Fernández (2º B ESO). 
  • Sé como/quen desexes ser. De Yorel Ladra Ballesteros (3º D ESO). 
  • Somos libres de ser e amar a quen queiramos. De Nerea Francos Cornide (3º C ESO). 
  • Unha relación baséase no amor, non no xénero. De Iria López Casas (4º B ESO).

Finalmente, os lemas foron impresos nunhas correas para as chaves, que serán repartidas mañá a todo o alumnado da ESO.

Fallo do xurado Concursos OS MATOS 20-21

 O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos:

"XIV Concurso literario" da As. Cultural Os Matos - Tema "Haberá vida noutro planeta?"


RELATO CURTO

Categoría 1º e 2º ESO:

  • 1º premio: Asier Oroza Parga (1º ESO)
  • 2º premio: Carla Paz Trelles (1º ESO)
  • 3º premio: Iria Jacomé Martínez (1º ESO)

 Categoría 3º e 4º ESO:

  • 1º premio: Iria Calveche Barranco (3º ESO)
  • 2º premio: Noemy Tavares Pereira Barbosa (4º ESO)
  • 3º premio: Katerine Andrea Ortiz Cáceres (4º ESO)
  • Accésit: Cristina Meitín Cayón (4º ESO)

"XII Concurso de Imaxe"da As. Cultural Os Matos - Tema "Haberá vida noutro planeta?"

Categoría 1º ESO:

  • 1º premio: Ximena Riopedre Orosa
  • 2º premio: Carla Paz Trelles
  • 3º premio: Nicole Barreiro Souto

Categoría 3º ESO:

  • 1º premio: Laura González Freire
  • 2º premio: Nerea Francos Cornide
  • 3º premio: Ramón Real González
Categoría 4º ESO:
  • 1º premio: Lin Vizoso López
  • 2º premio: Noemy Tavares Pereira Barbosa
  • 3º premio: deserto

Axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario curso 2021-2022

Está aberto, ata o día 22 de xuño de 2021 (incluído) o prazo para participar na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022

O próximo curso 2021/2022 incorpóranse os cursos de 3º e 4º ESO ao programa E-DIXGAL, polo que todos os cursos de ESO quedan excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda da orde.

Poden consultar a información resumida neste documento informativo.

EduEmociona con María Navarrete

Cal é a diferenza entre emoción e sentimento? Unha emoción é unha reacción espontánea que non podemos controlar nin elixir e que ocorre en calquera momento; mentres que os sentimentos son as interpretacións a partir destas e o seu desenvolvemento, influenciados polos nosos pensamentos: decidímolos nós e poden perdurar no tempo.

O venres 28 de maio, o alumnado de 4º ESO traballamos distintos conceptos sentimentais e emocionais a través de dinámicas de “ximnasia emocional” organizadas por María Navarrete, neuroeducadora e animadora socioemocional catalá...  seguier lendo a crónica de Laura Rodríguez López e Nuria Ramos Cuba, 4º ESO B no blogue de Perdourando.

Charla con Care Santos, a autora de "Mentira"

O alumnado de 4º da ESO e 2º PMAR tivemos un encontro en liña o día 25 de maio coa autora dun dos libros que puidemos ler na materia de Lingua Galega: Mentira de Care Santos.
A novela trata sobre un adolescente condenado por asasinato, pero tamén fala sobre a delincuencia xuvenil e plantexa algunhas preguntas como: por que alguén pode chegar a asasinar a outra persoa?.
Debido a que estudou Dereito, a autora do libro interesouse pola vida nos centros de menores e propúxose investigar sobre eles para coñecer as experiencias dos alí internos. Tras anos pensando nunha novela con esta temática, conseguiu entrar nun destes centros, coñecer as súas instalacións e vivir en primeira persoa a chegada de novos internos.

Xeografías lectoras - Microrrede PLAMBE A Mariña

Hoxe, 1 de xuño, inaugúrase a exposición anual da Microrrede PLAMBE das bibliotecas escolares A Mariña mais, esta vez, dita exhibición dos traballos feitos nos centros escolares que integran a Microrrede estará na rede debido ás restricións sanitarias. No blogue da mesma iranse publicando dúas entradas diarias que recollen o labor realizado ao longo deste curso 20-21 dende os equipos de bibliotecas escolares.
 
Seguindo a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares, a exposición leva por nome "Xeografías lectoras", xa que cada centro ubícase nun sitio distinto da Mariña, coas súas características ben diferenciadas e cada un cunha proposta distinta.

O cartel deste ano foi deseñado pola alumna Lidiana de Pina Sanches de 3º de ESO do IES Perdouro de Burela. 

 

As miradas de Isaac

Centenario de Isaac Díaz Pardo (1920-2020) - Exposición As miradas de Isaac

O día 16 de marzo tivemos unha videoconferencia a raíz dunha exposición sobre a vida de Isaac Díaz Pardo, xa que é unha figura moi importante en Galiza. Isaac Díaz Pardo foi un gran impulsor da fábrica de Sargadelos, entre outras. 

Ao comezo da videoconferencia a guía, Paula Toimil, contounos a vida da súa familia e a súa infancia. O seu pai chamábase Camilo, era de Ferrol. No ano 1920 trasladouse a Compostela, no mesmo ano naceu Isaac. Dende moi novo, Camilo introduciu ao seu fillo na realización de cartaces. O pai de Isaac traballaba nun taller onde elaboraba os seus carteis para as festas, propaganda… .. seguir lendo a crónica de Beatriz Botelho Melo – 1º BAC B no blogue de Perdourando.

Obradorio “O Português Simples”

O mércores 19 de maio os alumnos e alumnas de 4º ESO tivemos unha charla/obradoiro sobre o portugués básico que se dividiu en tres unidades.  O obradoiro O Português Simples – OPS,  actividade formativa que ofrece Associaçom Galega da Língua AGAL, ten como obxectivo descubrir ao alumnado a vantaxe do galego para aprender portugués e acceder ao mundo que se expresa nesa lingua, a sexta do mundo en falantes.

Na primeira unidade nomeamos os lugares lusófonos e vimos algúns .. seguir lendo a crónica de Celia Leivas Martínez, 4º ESO-A1 no blogue de Perdourando.

Conferencia sobre enerxía mariña con Patxi García Novo

O venres día 21 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato e o de 4º da ESO tiveron unha charla sobre o emprego e as vantaxes da enerxía mariña. 

Esta charla foi impartida por Patxi G. Novo, que traballa en Nagasaki, unha cidade xaponesa historicamente portuaria. Explicou como do mar podemos obter varias enerxías renovables, como a solar e a eólica, non só a hidráulica (por exemplo, as placas solares e os eólicos no mar). Tamén falou sobre a enerxía maremotriz, que aproveita o movemento das mareas, e a undimotriz, que aproveita a enerxía das ondas e consiste en ... seguir lendo a crónica de Ainhoa Mía Quiroz Huamán, 4º ESO B no blogue de Perdourando.

O mundo na túa cabeza

O venres 21 de abril o alumnado de 4º da ESO tivemos unha charla organizada pola Universidade da Coruña denominada “O mundo na túa cabeza” onde nos falaron sobre como funciona o noso cerebro.

Ao principio explicáronnos, como introdución, que son as neuronas e como funcionan. As neuronas son as células do noso corpo encargadas de percibir a información do exterior e procesala; son indispensables para o funcionamento do cerebro. Contáronnos que todos tiñamos un gran número delas e, salvo que se padeza unha enfermidade, é imposible quedarse sen elas. De feito canto máis maior sexa unha persoa ... seguir lendo a crónica de Antón Expósito Campo, 4º ESO B no blogue de Perdourando.

Os celtas e a materia de Bretaña

A mañá do 24 de maio, os alumnos de 2º da ESO, 3º da ESO e 1º de Bacharelato asistimos a unha representación levada a cabo por Suso Martínez e Daniel Linde. Quixéronnos explicar a historia dos celtas en Galicia e a importancia da lingua galego-portuguesa na Idade Media , e para facer a actividade máis dinámica, escenificáronnola en forma de obra de teatro. Para facela máis realista trouxeron roupa da época para poñernos en situación (por exemplo, unha saia de tea de tartán, capas da época ou unha réplica exacta duns zapatos da Idade de Bronce).
 
Comezaron falando de Andrade e Pardo de Cela, señores da Idade Media. Despois presentáronnos personaxes e sucesos importantes, como poden ser: a historia do Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda; a materia de Bretaña, .. seguir lendo a crónica de Daniela Enríquez Canoura 1ºBAC-B no blogue de Perdourando.

Gañamos a fase autonómica da II Olimpíada Científica Xuvenil Española

II Olimpíada Científica Xuvenil Española, unha apaixoante competición onde desmostrar habilidades de razoamento e resolución de problemas do ámbito científico.

Na fase autonómica da II Olimpíada Científica Xuvenil Española que se celebrou entre os días 6 e 7 de maio de 2021 de forma telemática, participaron 3 equipos do IES Perdouro. A proba telemática consistiu nun único exame de 45 preguntas a resolver en equipos de 3 alumnos. As preguntas requirían coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e xeoloxía; dun nivel correspondente a un 3.º da ESO «avanzado».

O equipo formado por Nerea Francos Cornide, Paula López Martínez e Raúl Cayón Fernández de 3º da ESO resultou gañador da fase autonómica.

Sendo o mellor equipo de Galicia, participarán na final nacional da Olimpíada Científica Xuvenil Española, que se celebrará en Oviedo a principios de setembro. Aí competirán xunto a outros 17 equipos por representar a España na fase internacional.

https://quintescience.es/ijso

Admisión 2021/2022: Listaxes definitivas de alumnado admitido

Alumnado admitido:

As listaxes definitivas de alumnado admitido en ESO e Bacharelato están publicadas no taboleiro de anuncios interior do Instituto, xunto a Secretaría. Todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo foi admitido.

Acceden ao centro 11 alumnos/as de 1º de ESO, 1 de 3º de ESO e 13 de 1º de Bacharelato.

Solicitudes presentadas fóra de prazo:

Campus de Verán XuvenCiencia -Lugo 2021-

Regresa o Campus de Verán XuvenCiencia cunha edición presencial que terá lugar en Lugo.

O obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía, así como coa contorna universitaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut