Skip to Content

UNIferia GRADOS 2021

Do 22 ao 24 de febreiro celebrarase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE, que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van impartir o vindeiro curso 2021-22.

A feira virtual funciona como unha feira presencial, onde as universidades dispoñen de casetas virtuais que poden visitar e obter información sobre a oferta de estudos, notas de corte, prezos, opcións de aloxamento e moito máis. Ademais, pódese chatear en directo con persoal de servizos de información e orientación das distintas universidades.

É unha oportunidade perfecta para un primeiro contacto co mundo universitario.

Ligazón da feira virtual UNIferia 2021: https://grado-uniferia.crue.org/

Tamén é de interese este vídeo resumo de UNIferia 2021



page | by Dr. Radut