Skip to Content

Campaña de doazón de sangue

O Centro de Transfusión de Galicia organiza unha Campaña de doazón de sangue que terá lugar o mércores 3 de febreiro (de 10:30h a 13:30h) nos institutos de Burela. Unha unidade móbil estará instalada no aparcadoiro do IES Monte Castelo.

Uns técnicos do Centro de Transfusión virán informar ao alumnado maior de 18 anos polas clases o martes, día 2.

O alumnado que compre cos requisitos poderá participar de forma voluntaria na campaña de doazón de sangue. O médico poderá entregar un xustificante ao alumnado se llelo pide.



page | by Dr. Radut