Skip to Content

CiQUS: Xornada "virtual" de Portas Abertas 2020 - Sábado 28 de novembro

Estimados/as amigos/as,

 

O vindeiro sábado 28 de novembro, a Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebrará unha nova edición deCiencia Singular’, por primeira vez en liña.

 

Dende o CiQUS realizouse un esforzo por adaptar o programa presencial de edicións anteriores ao formato virtual, elaborando unha proposta de contidos ao redor das nosas áreas temáticas:

1.- “Conversas cos nosos investigadores” será a sección que permita escoitar de primeira man distintas investigacións que se están desenvolvendo actualmente no CiQUS, a través de charlas en directo cos seus protagonistas:

10.30h. Breve introdución ao mundo molecular: da síntese química á manipulación atómica (Diego Peña Gil)

11.30h Nanomedicina: como fabricar nanoferramentas e os seus usos (Beatriz Pelaz)

12.30h Química computacional contra o SARS- CoV-2: o que o ollo non ve na COVID-19 (Rebeca García-Fandiño)

13.30h Producindo unha vacina contra SARS- Cov2 a partir de ciencia “inútil” (José Manuel Martínez-Costas)

2.- “Infiltrados no laboratorio, unha serie de vídeos que permitirán adentrarnos nos laboratorios do CiQUS e coñecer os últimos avances na produción dunha vacina contra a COVID-19, a creación de encimas artificiais, odesenvolvemento dunha membrana de grafeno ou sobre orixe mesma da vida.

3.- “ Xogando coa química, a nosa sección máis lúdica, onde poderán visualizarse distintos experimentos, algúns deles para poder reproducilos na tua casa.

Por último, o sábado estrearemos tamén unha aplicación para a Visita virtual ao CiQUS, sendo posible percorrer distintos laboratorios e espazos do CiQUS mediante un circuíto virtual, dispoñible na web do Centro.

Anímate e participa nestas xornadas.

Atrévete a descubrir, atrévete a crear



page | by Dr. Radut