Regresa o Campus de Verán XuvenCiencia cunha edición presencial que terá lugar en Lugo.
O obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía, así como coa contorna universitaria.
Poderase elixir entre 10 proxectos científico-técnicos e científico-sociais e un obradoiro de xornalismo científico.
O Campus XuvenCiencia está destinado ao alumnado de 4º ESO, BAC e ciclos medios de FP.
Terá lugar do 28 de xuño ata o 2 de xullo.
Toda a información está dispoñible na páxina web do campus, así como o formulario de preinscrición que se abrirá desde o venres 7 de maio.