Skip to Content

Taboleiro

Volven as Aulas Limpas!

 

En outubro comezamos de novo co concurso Aulas Limpas.

Cada grupo da ESO e de Bacharelato ten que encargarse de manter a súa aula limpa e ordenada. O profesorado titor nomeará encargados de vixiar os distintos aspectos que se revisarán na aula para conseguir o premio mensual e o grupo máis constante recibirá un premio especial a final de curso. 

Ao lado tedes a rúbrica. Fixádevos ben en todo o que se terá en conta para puntuar a limpeza e a orde na vosa aula

Sen previo aviso, profesorado, algún membro do equipo directivo e as limpadoras pasarán polas clases cada mes, normalmente despois de última hora, para comprobar que todo quede en orde. 

Ánimo e esperamos, cando menos, os mesmos resultados do curso pasado!!

Presentacións curso 2022-23

As clases comezarán o día lectivo seguinte á presentación de cada curso. É dicir, quen teña presentación o 8 de setembro comeza as clases o venres 9. E quen vaia á presentación o 9 de setembro comeza as clases o luns 12.  

 

Entrega de libros de 2º Bacharelato

Os libros de texto non se entregarán sen que antes a familia firme o documento de aceptación dos libros do banco solidario. Polo tanto, recoméndase que veñan recollelos os pais ou que o alumnado leve o documento para a casa, sexa firmado e volvan recollelos. 

 

Entrega de libros de texto do fondo solidario

 

Publicada a listaxe definitiva de axudas para a FCT

Pódese consultar no taboleiro da entrada do centro a listaxe definitiva de axudas para a FCT.

Aberto o prazo de reclamacións para as axudas de realización de FCT

Do 19 ao 28 de xullo ábrese o prazo de reclamacións para os solicitantes de axudas para a realización da formación en centros de traballo. 

A listaxe provisional está exposta no taboleiro da entrada do centro. 

Recollida dos vales para material escolar

 

Nova oferta educativa Curso 22-23

 

Calendarios de exames - XUÑO 2022

Nos enlaces que aparecen a continuación pódense consultar os calendarios de exames.

EXAMES DE RECUPERACIÓN - ESO (Avalición final)

EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA BACHARELATO

EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º FPB

Devolución dos libros de texto e dos ordenadores

Atención! Entre o luns 20 e o martes 21 de xuño, recolleranse os libros de texto de 2º e 4º ESO e os ordenadores de 4º. 

Axudas para material escolar. Curso 2022-23

Está aberto o prazo para a solicitude de material escolar para o curso 2022-23.

Orde do 29 de abril de 2022

Prazo: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022

Felices festas Burela

 

 

Listaxes provisionais e de suplentes: Axudas formación en linguas estranxeiras

Está publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022.

Solicitude de beca curso 2022/23. Novo procedemento. Prazo ata o 16 de maio

Ábrese o prazo para solicitar beca para o próximo curso 2022/23 nos estudos postobrigatorios (BAC, CF, Universidade).

Distribuir contido


by Dr. Radut