Skip to Content

Taboleiro

Data de entrega do boletín de notas - Avaliación Final

Entrega do boletín de calificación final ordinaria
Martes 27/06/17 ás 11h nas aulas de referencia

 ESO + 1º Bach + FPB + FP

Axudasle 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de  actividades  de  formación  en  linguas  estranxeiras  no  ano  2017,  destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

EXTRACTO da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Cartel informativo

O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle

Campaña de doazón de sangue

O Centro de Transfusión de Galicia organiza unha Campaña de doazón de sangue que terá lugar o martes 14 de febreiro (de 11h a 14h e de 17h a 21h) nos institutos de Burela. Unha unidade móbil estará instalada no aparcadoiro do IES Monte Castelo.

Un técnico do Centro de Transfusión virá informar ao alumnado maior de 18 anos polas clases o luns, día 13.

O alumnado que compre cos requisitos poderá participar de forma voluntaria na campaña de doazón de sangue. O médico poderá entregar un xustificante ao alumnado se llelo pide.

Alerta Laranxa

O Venres 03 de febreiro hai clase con total normalidade. Aprazada queda a saída prevista co alumnado de 1º de Bach.

Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxadende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .

Probas de Acceso Ciclos Formativos 2017

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017

Inscrición para a proba:

  • Grao Superior: do 6 ao 15 de febreiro
  • Grao Medio: do 13 ao 23 de marzo

Celebración da proba:

  • Grao Superiro: 20 de abril
  • Grao Medio: 31 de maio

Máis información na web de FP

Elección ao Consello Escolar - renovación

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS segundo a Resolución do 4 de outubro de 2016 (DOG  nº189)

No mes de novembro celébrase as eleccións para elixir os representantes para o Consello Escolar (renovación parcial): profesores, persoal non docente, pais/nais e alumnos.

DOG 04/10/2016 calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Calendario electoral que ordenará o proceso de renovación parcial do Consello Escolar

  • 18 de novembro: sorteo dos membros que formarán parte da Xunta Electoral
  • 21 de novembro: 1ª reunión  da Xunta Electoral e pubicación do censo electoral dos diferentes sectores.
  • 22 ao 29 de novembro: aberto o prazo para presentación de candidaturas ao consello escolar tanto de profesores, pais/nais como de alumnos. Reclamación contra a proclamación de candidatos: 30/11 e 01/12
  • 30 de novembro: 2ª reunión da Xunta Electoral - proclamación de candidatos e o sorteo das mesas electorais
  • 2 de decembro: votacións
  • 08h30-18h30: Alumnado
  • 11h00 : Profesorado, no claustro extraordinario
  • 5 de decembro: votacións
  • 17h00-19h00: Pais, nais e titores legais do alumnado
  • 7 de decembro: 3ª reunión da Xunta Electoral e proclamación dos candidatos electos.

Reunión familias_titores

Con motivo do inicio do novo curso escolar 2016-2017 convocamos ás familias a unha reunión co titor/a do seu fillo/a co obxecto de informarlles de aspectos relacionados co funcionamento do centro que estimamos deben coñecer.

LUNS 03 DE OUTUBRO ÁS 18H

Fondo Libro 2016 - Data de entrega dos lotes curso 16-17

Entrega dos libros de texto para o curso 2016-2017 para 1º e 3º ESO

VENRES 16 DE SETEMBRO de 10H00 a 13 & de 16H a 18H

Entregaranse EXCLUSIVAMENTE os libros aos pai/nai/titor legal do alumnado ou no seu defecto a un adulto autorizado.

Presentación do curso 2016-2017

School : Teacher Explaining Something to Students

    VENRES 16 DE SETEMBRO

  • 10:00h - Presentación do curso: 3º de ESO 
  • 10:30h - Presentación do curso: 4º de ESO
  • 11:00h - Presentación do curso: 1°de BAC
  • 11:30h - Presentación do curso: 2° de BAC
  • 12:00h - Presentación do curso: 2º de ESO
  • 12:30h - Presentación do curso: 1º de ESO

   LUNS 19 DE SETEMBRO  

  • 10:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:1º Curso
  • 11:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:2º Curso
  • 12:00h  - Presentación do curso : 1º + 2º FP Básica

As clases empezarán o día seguinte da presentación do curso con total normalidade.

Bolsas e axudas do MECD 16-17

Becas generales 2016-2017

Bolsas e axudas a alumnos de niveis postobligatorios:

Prazo para alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos e FP Básica: ata o 3 de outubro

Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo:

Prazo aberto ata o 29 de setembro.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/2016

  • O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no DOG (Publicación: 27 de xullo).
  • É o alumno ou a alumna, ou os seus representantes legais, quen presentará a solicitude de participación en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo.
  • A proba para a concesión dos premios realizarase no mes de setembro.

Orde do 7 de xullo de 2016 (DOG)

Extracto da Orde do 7 de xullo de 2016 (DOG)

Modelo de solicitude: Anexo I


Máis información:

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/2016

Premios ESO

Procedemento ED311D - Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Abrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o xoves 28 ás 9:00 horas ata o venres día 29 de xullo ás 13:00 horas.

Máis información aquí.

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Abrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o venres 22 ás 9:00 horas ata o martes día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Máis información aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut